Galizacelta.com
     
Patrimonio Castros de Pontevedra Castro de Santa Tegra
Castro de Santa Tegra PDF Imprimir Correo-e

 

 

Datos

De forma circunstancial, durante a construcción dunha pista forestal no monte, descubriuse en 1913 o que chegou a ser un dos mais importantes xacementos arqueolóxicos de Galicia e no N.O. peninsular, conocido como Castro de Santa Tegra.
O mesmo ano do seu achádego creouse a sociedade "Pro Monte", verdadeira impulsora dos traballos de investigación que dende entón se viñeron realizando. Os arqueólogos Don Ignacio Calvo, dende 1914 a 1924, Margelina, 1928 a 1933 e1943-44, Fernández Rodríguez en diversas campañas entre 1952 e 1972 e De la Peña Santos a partir de 1983, lograron rescatar da noite da historia o que debeu ser, nos séculos I A. de C. e I D. de C. un importante poboado prerromano. Atópase excavada non obstante una pequena parte da totalidade do castro, que se calcula que puido ter una capacidade de entre 2000 e 5000 habitantes no cambio de era.

O monte Santa Tegra, de 341 m. de altura, está situado na desembocadura do río Miño, dentro do termo municipal de A Garda, constituindo por si mesmo un espacio xeográfico de excepcional beleza. Accesible e ben sinalizado dende A Garda. A cidade fortificada de Santa Tegra controlaba o comercio marítimo e rexía un extenso territorio.

A partires dos 200 m. de altura se configura un gran poboado amurallado, de construccións circulares na sua gran maioría, con vestíbulos e dependencias anexas cuios oríxenes remóntanse á Idade de Bronce, 1900 anos A. de C. y que alcanza o seu esplendor nos primeiros anos do período Galaico-Romano, decaendo e pasando ó olvido a partires do século II da nosa era.

O trazado urbanístico do castro semella ser caótico e labiríntico, pero na realidade existe una ordenación do espacio en rúas e calexóns sinuosos adaptados á topografía e á pranta curva das cabanas.

Consta de dúas entradas coñecidas e probablemente una terceira, nas que se dispoñía un muro externo envolvente onde se refuxiaba o corpo de garda, estando sempre disposto de tal maneira que quede accesible o flanco desprotexido de quen queira acceder (o dereito, xa que o esquerdo leva a caetra, normalmente para os destros).

Paralelamente ó comezo das excavacións, a sociedade Pro Monte funda o Museo Arqueolóxico de Santa Tegra en 1914, recolléndose no mesmo, dende entonces, innumerables pezas de todo tipo que forman un conxunto de incalculable valor.
Este tipo de castros de grandes dimensións no sul de Galiza teñen os seus paralelos no norde de Portugal coma as citanias de Sanfins, Monte Mozinho, etc.
 
A colección de Esvásticas é, probablemente, unha das mais importantes coñecidas.
Pódense observar ademais nas rochas espirais, motivos circulares, cazoletas e liñas sinuosas; algúns destes motivos son da Idade do bronce e anteriores ó castro. 

www.corevia.com

 

Novas relacionadas

  • Vinte castros pra amosa-la diversidade cultural dunha época
  • O precario estado de Santa Tegra
  • A area galega na prehistoria lingüística e cultural de Europa


Observacións