Galizacelta.com
     
Patrimonio Castros de Ourense Castro de San Cibrao de Lás
Castro de San Cibrao de Lás PDF Imprimir Correo-e

 

Datos

O castro de San Cibrán das Las: tratase do castro meirande da actual Galiza, do mesmo tipo e feitura ca os do norde do actual Portugal (Monte Mozinho, etc). O nome do castro aparece nunha inscrición atopada nel co texto LANOBRICAE (Lanóbriga: "fortaleza da chaira" entendendo a forma LAN en termos mítico-relixiosos propios da cultura celta, cos mesmos matices que mediolanum por exemplo).

As primeiras escavacións escomezaron alá polo 1922-25 e seguen a facerse campañas na actualidade (nos vraos) Foi levantado aproximadamente polo S I d.C. e durou habitado menos de 200 anos. Ten unha superficie de case 10 hectáreas e é moi representativo en canto a trazado urbanístico, con rúas principais enlousadas e cabanas agrupadas formando patios interiores, que nos aclaran detalles sobre a ocupación por familias. Ten unha impresionante muralla con liñas defensivas e corpos de guardia.

 

Novas relacionadas

  • Vinte castros pra amosa-la diversidade cultural dunha época
  • Os castros da galiza bens de interese cultural


Observacións