| Castro de Zoñán |
|
|
|
|
O castro de Zoñán está na actualidade en transcurso de excavacións. A superficie excavada na actualidade é menor a un 10% do tamaño total do castro. Inda así pódense ver aproximadamente unha ducia de cabanas de diferentes épocas. As primeiras cabanas que se ven no acceso son tardías de época romana que amosan muros rectangulares de esquinas arredondeadas e espacios separados para as diferentes actividades domésticas e económicas (cabana para gando, espacio para a cociña, medianeiras e muros interiores de separación de diferentes espazos). Se se avanza un pouco mais polo castro pódese chegar á zona das cabanas redondas máis antigas e de época prerromana. Débese andar por aquí con moito coidado porque as unidades excavadas están protexidas por cobertores arqueolóxicos para evitar que a chuvia e a intemperie degraden a estratigrafía do xacemento, pero as partes excavadas son moi delicadas e hai que evitar pisar por elas. a parte antiga consta de varias cabanas formando conxunto con calexóns estreitos para o acceso ás diferentes unidades, semella que algunhas cabanas están construidas para meter e sacar gando e outras como vivenda e unidade doméstica, con fogar central e banco corrido polo interior da parede. As cabanas soen estar un chisco mais altas que o chan que as rodea e constan de curiosos e enxeñosos sistemas de drenaxe para evitar humidades e apozamentos. A excavación a datas de xaneiro de 2009 estaba xa bastante mais avanzada que o que amosa o blog sobre o castro de Zoñán, que ten o seguinte enderezo: |