Galizacelta.com
     
Patrimonio Castros de Lugo Castro de Fazouro
Castro de Fazouro PDF Imprimir Correo-e

 

Datos

O castro de Fazouro (Foz, Lugo) está situado nun promontorio rochoso, coa típica configuración dos castros costeiros.

Trátase dun asentamento costeiro que aproveita unha pequena península que se adentra no mar, sobre unha zona acantilada. A sua configuración é sinxela, posuindo un só recinto, defendido por un foso excabado no istmo co xunta ca terra, e desta forma aisla completamente o asentamento. Interiormente existen duas liñas de parapeto moi alteradas por labouras agrícolas, e das que só se conserva o seu tramo oeste. O área habitada ocuparía todolo recinto definido polo foso, ainda que na actualidade podemos asegurar que algunha parte do xacemento perdeuse debido á acció erosiva do mar. Asimesmo, a construcción dun chalet na península do Castro supuxo a destrucción dalgunhas estructuras.

As primeiras intervencións oficiais en Fazouro comezaron fai xa unhos trinta anos, cando se levaron a cabo duas intervencións arqueolóxicas (1963-65) sufragadas pola entonces Dirección Xeral de Belas Artes. Os traballos, de corta duración, realizáronse na zona norte do xacemento, xunto o acantilado, poñendo ó descuberto unha serie de construccións que, lixeiramente ampliadas, configuran o espacio expositivo que podemos apreciar hoxe nela. As breves referencias que temos destas excavacións, basándose nos materiais hachados(cerámica e bronces) e nas características constructivas dos restos(prantas cuadrangulares, restos de enlucido, enlousados, etc), sinalan unha ocupación tardía, claramente relacionada co influxo romanizador.

Unha das cabanas do castro, redonda e meirande ca as demáis, leva banco corrido por dentro do muro, o cal fai supor que se facían alí as reunións familiares. Quedan todavía as pedras das lareiras e dos calzos dos postes centrais.

Ligazon

Novas relacionadas

 

Observacións