Galizacelta.com
     
Patrimonio Castros de Lugo Castro das Grobas
Castro das Grobas PDF Imprimir Correo-e

 

Datos

Trátase dun castro costeiro, sen excavar, que posúe tres linhas defensivas con foxos alternados, acadando nalgúns puntos unhas dimensións impresionantes.

Situado en Vilaselán, a poucos Kms de Ribadeo, semella manterse en moi bo estado. na linha costeira fai uns cantís cortados a pico, cunha fendedura na rocha viva de forma rectangular que semella ter sido feita a pico (vese perfectamente na foto aérea).

Pódese distinguir in situ algúns relevos onde van situadas cabanas e unhas fileiras de pedra en zigzag que semellan corpos de garda ou ben accesos entre linhas de murado.

A entrada principal á acrópole está disposta en claviculae obrigando ó que accede a esta a expór o flanco desprotexido (o dereito). As entradas de carros van polos foxos entre os aneis de muralla obrigando a recorrer todo o perímetro do castro antes de ter acceso a él. Os terreos que rodean ó castro, hoxe prados, tenhen a configuración radial de tenzas típica dos castros.

 

Novas relacionadas

  • Vinte castros pra amosa-la diversidade cultural dunha época
  • A area galega na prehistoria lingüística e cultural de Europa