Galizacelta.com
     
Patrimonio Castros de Lugo Castro de Viladonga
Castro de Viladonga PDF Imprimir Correo-e

 

Datos

Trátase dun xacemento singular, posto que é un poboado reocupado ben avanzada a época galaico-romana (S III), sendo o castro orixinal do S.II a.C.

No castro detéctanse restos de diferentes actividades coma metalurxia, fundición, tecido, etc, ademáis das recorrentes agricultura e gandeiría. As murallas son monumentais chegando ós 10 metros de outura nalgúns pontos, con foxos, parapetos... contando ademáis a entrada cun antecastro que conta tamén de muralla que rodea parcialmente polo oeste á do propio castro. As construccións alternan a planta circular e rectangular con esquinas redondeadas, feitas con lousa e xisto, quedando restos de pavimento e lareiras.