Galizacelta.com
     
Patrimonio Castros da Crunnia Castro da Elvinha
Castro da Elvinha PDF Imprimir Correo-e

 

Castro dea Elvinha

Está situado a uns 5 Kms do centro da Corunha. A cronoloxía é do S.I a.C-2 d.C. As primeiras excavacións, no segundo recinto amurallado, datan de entre 1947 e 1953, limpándose e consolidándose os restos das construccións entre 1979 e 1985. Despois escomezaronse a facer amplas excavacións para adecualo a un parque arqueolóxico.

O castro consta de tres recintos fortificados, dous inferiores e un superior. En conxunto supera as 3 Ha. O murado ten unha entrada monumental flanqueada por dous torreóns, accedendo a traveso dunha escalinata curva. Polo exterior da muralla tamén se excavaron casas de plantas ovaladas e tamén rectangulares. Ó outro lado do murado e tamén anexa atópase unha complexa construcción que se denomina "casa da exedra" pola súa forma. En realidade trátase dunha edificación rectangular que incorpora lateralmente a metade dos muros dunha construcción de planta circular anterior.