| Castro de Baronha |
|
|
|
|
Datos Está situado en Baroña, Porto do Son, nunha península onde peta o mar feramente. Os restos arqueolóxicos son froito de varias campañas de excavación iniciadas en 1933 e retomadas en 1969-70 ata 1996 Posúe boas defensas naturais, axudadas de formidabeis parapetos, inda que moi exposto ás inclemencias do clima. O poboado achase composto de dous recintos, sendo a superficie habitable dunhas 2 Ha, se ben debeu ser de maior tamaño e perdeu pola erosión do mar. As primeiras defensas atópanse no itsmo de area que separa a punta mariña, onde existe un foso (hoxe soterrado pola area de profundidade 4 m do que se soerguía unha muralla de ancho 6m. A entrada do castro atópase nunha porta produto dunha interrupción da muralla que arrodea o recinto estando os laterais en planos diferentes para obrigaren a entrar ó castro virando de maneira similar ás portas en claviculae dos campamentos romanos, evitando así cargas directas en caso dun ataque. as edificacións son de pranta circular e ovalada e observanse perfectamente os bancos corridos e as pedras e a terra escurecida dos lares. Á entrada do segundo recinto hai unha porta monumental con escaleiras de acceso. Documéntanse no castro restos de actividades metalúrxicas, pesqueiras e marisqueiras.
Novas relacionada
Observacións |