Galizacelta.com
     
Patrimonio Castros da Crunnia Castro dos Prados
Castro dos Prados PDF Imprimir Correo-e

 

Datos

Castro de Espasante (Punta dos Prados)Trátase dun castro costeiro, ben protexido por varias liñas de muro e foxo alternado.Excavouse inicialmente una pequena zona (1988) que comprende una pequeña parte de muralla de entrada e monumento con forno, en anos sucesivos (1990 a 1993) consolidouse o excavado e amañáronse os empedrados (camino de entrada, etc) observando que o terreo estaba moi alterado por accesos recentes.O máis sobresaínte deste castro é a estructura que se atopa en extramuros (“monumento con forno”) que albergaba una pedra Formosa.Trátase dunha sauna indíxena, das poucas que se poden atopar cara o cantábrico (hai outra máis no castro de Coaña, Asturias). A pesares de que os arqueólogos nun primeiro momento a interpretaron como unha mera imitación das saunas romanas, os estudos de Martín Almagro-Gorbea e de Francisco Marco Simón puxérona no seu lugar situándoa no seu correcto contexto de cofradías guerreiras e rituais iniciáticos de carácter indíxena e evidenciando que a súa posición extramuros non indica cronoloxía alta senon que responde a un costume de situar este tipo de estructuras en vados, lugares fronteirizos, etc.

 

Novas relacionadas

 

Observacións