| Castro de Neixón Grande |
|
|
|
|
Datos Os conhecidos como Castros de Punta Neixón son dous poboados contiguos datados a finais da Idade de Bronce. Son o Castro Pequeno e o castro Grande. Atópanse no concello de Boiro, nun cabo que sobresae á ría. Está defendido cunha muralla perimetral e un foxo exterior, ben visibles conforme se vai un achegando ó castro. O recinto intramuros ten unha superficie de algo menos de 1 Ha. Foi excavado por Lopez Cuevillas e Bouza Brey no ano 1926, retomándose de novo as excavacións polos 70 e consolidación do xacemento entre o 96 e o 98. Os materiais arqueolóxicos localizados nestes xacementos son de grande interese, especialmente polo que se refire aos produtos de importación, que demostran a relevancia dos castros como un lugar de intercambio entre navegantes mediterráneos e povoacións locais. Entre as pezas máis importantes destaca un aryballos (recipiente de vidro) púnico, do século V-IV a.C. O castro continuou tendo un lugar importante nas redes comerciais ata o século V a.C., cando a súa función habitacional xa tinha desaparecido. No foxo escavado durante as últimas campanhas localizouse un vertedoiro con abundante cerámica púnica, castrexa, unha peza de oso decorada, un ungüentario castrexo e unha fíbula de longo travessão. A cerámica castrexa está moi ben conservada é ofrece un conxunto único da Fase II da Cultura castrexa das Rías Baixas (s. IV-II a.C.), formado por xerras e olas tipo Toralla, olas tipo Cíes e pezas singulares tipo Recarea, entre outros.
Novas relacionadas
Observacións
|