Galizacelta.com
     
Novas Novas Galiza, a cuna do mundo celta... (nova ampliada)
Galiza, a cuna do mundo celta... (nova ampliada) PDF Imprimir Correo-e

Galiza é un pobo celta. E aínda máis, é o núcleo orixinal ou «patria» do mundo celta que no Paleolítico estaba formado po unha área compacta (non se disgregaran entón as illas británicas) que incluía o norte da Península Ibérica, Bretanha, Irlanda e Gales. Así o afirman os autores da Teoría da Continuidade Paleolítica, os italianos Mario Alinei e Francesco Benozzo, quenes basean a súa tese en correspondencias xenéticas, lingüísticas e, sobre todo, arqueolóxicas entre as poboacions desta área.

Benozzo insistiu en que Galiza «non e só céltica, senón protocéltica». «Existe unha afinidade de tipo arqueolóxico e xenético que demostra que esta era unha área compacta no Paleolítico e Galiza e o núcleo orixinal; a poboación céltica seguiu o norte e chegou a Irlanda, que estábase formando como illa», afirmou o doutor da Universidade de Bolonia e director da revista Studi celtici. A teoría que comparte con Alinei, profesor da Universidade de Utrecht, retrotraese a época glaciar, que sitúa fai 25.000 a 40.000 anos, en que Galiza era habitada esencialmente por pescadores, quenes se apostaron na franxa do litoral atlántico «e a principal e indubidable evidencia é arqueolóxica, o megalitismo». «Os megálitos son un fenómeno costeiro como culto o mundo marinho», engadiu.

O investigador recordou que esta manifestación «e un fenómeno celta e Galiza ten os xacementos máis antigos despois de Bretanha e por diante de Irlanda». Neste sentido, subraiou que tan só 500 anos separan os megálitos galegos dos bretóns, que datan aproximadamente do 5500 antes de Cristo. «Os megálitos son un fenómeno costeiro como culto o mundo marinho», engadiu.

O investigador falou tamén das correspondencias xenéticas e aludiu aos estudios do inglés Bryan Sykes. «O xen paleolítico de Irlanda, e a rexión céltica de Gran Bretanha (Gales, Cornualles e Escocia) e unha extensión do norte da península ibérica (Galiza, Cantabria e logo a zona de Bretanha) -indicou-. Pensamos que hai unha correspondencia de tipo lingüístico, xenético e arqueolóxico, porque non existen signos dunha invasión externa en Galiza, senón máis ben de irradiación de Galiza». Así, segundo a súa teoría, a lingua celtibérica que falouse na Iberia central e unha variante moi tardía da antiga lingua céltica orixinaria de Galiza. «Usando a terminoloxía de hoxe, Espanha sería unha colonia de Galiza, non o contrario», concluíu. 

Moitas grazas a ghaillic pola nova.