Galizacelta.com
     
Novas Novas Estudo revela que os celtas son descendentes da Galiza antiga...
Estudo revela que os celtas son descendentes da Galiza antiga... PDF Imprimir Correo-e

Os galegos poderíamos ter máis cousas en común cos británicos das que pensamos. Alo menos así o revela un estudo realizado pola Universidad de Oxford e comentado hoxe no diario británico The Independent . De feito, a investigación da prestixiosa universidade conclue que os Celtas, a cultura prerrománica máis importante das illas británicas, provínhan de territorio galego.

O parecer, son descendentes dunha tribu de pescadores galegos que cruzaron o golfo de Vizcaya fai 6.000 anos. As análises de ADN revelan que as pegadas dactilares dos celtas son prácticamente idénticas as dos habitantes de Galiza. Pra chegar a esta conclusión, o equipo de estudosos de Oxford liderados polo profesor Brian Sykes tomaron mostras de ADN a máis de 10.000 persoas no Reino Unido e Irlanda, en aras de elaborar un completo mapa xenético. Da cordo con este mapa, e en Irlanda, Escocia e Gales, onde se rexistra unha maior influencia celta, tanto cultural como morfolóxicamente.

Pero aquí a controversia. Segundo o estudo, a herencia celta tamén e moi forte en Inglaterra, en contra do que se pensaba ata agora, unha creencia que marcadou profundamente a estructura política do país e dividiu a sociedade. Agora, o profesor Sykes di ter encontrado a prueba que demostra que Gran Bretanha non e históricamente unha nación divida. Este descubrimento, que será publicado próximamente, rompería ademáis coas teorías que apuntan a que os celtas provinhan do centro de Europa.

Fonte: The Independent