Galizacelta.com
     
Novas Novas Os druidas non eran magos, senón sabios teólogos...
Os druidas non eran magos, senón sabios teólogos... PDF Imprimir Correo-e
Os druidas non eran magos ou bardos, como se lles representaba ata agora, senon teólogos e intelectuais de gran cultura en múltiples ámbitos, segundo arqueólogo e investigador francés Jean-Louis Brunaux, que neste setembro publicará un libro sobre o tema. En "Les druides: des philosophes chez les barbares" (Os druidas: filósofos entre os bárbaros), Brunaux desminte alguns dos mitos sobre a imaxe que se ten dos membros da clase elevada sacerdotal nos pobos celtas.

Así, se ben vestían togas brancas, en ocasions recolectaban muérdago -como Panorámix nos cómics de Asterix-, non habitaban nos bosques da Galia, pois fai 2.000 anos a masa forestal na zona era moito menor, asegura o investigador, nunha entrevista publicada hoxe no semanario francés Le Point. Brunaux nega, asimesmo, que os druidas rechazasen a escritura. Os druidas "eran teólogos, ¡pero en absoluto intelectuais etéreos! O seu ámbito era o da filosofía aplicada. Conhecían as ciencias naturais, pero tamén elaboraban constitucions políticas", destacou Brunaux, membro do Centro Nacional francés de Investigacions Científicas (CNRS), especializado na Galia.

"Lexos de ser magos que extendían a superstición, estos intelectuais buscaban a primeira causa das cousas, baixo a forma dun pensamento que comezaba a reivindicar a sua racionalidade", anhadiu o experto, pra quen os druidas eran os "jesuitas da sua época".

No libro, de case catrocentas páxinas, Brunaux explica que o druidismo naceu na Idade de Bronce, a finais do segundo milenio ou inicios do primero antes de Cristo.

"O principio, os reyes celtas tinhan funcions sacerdotais. Pero, cada vez con máis frecuencia, recurrían a especialistas en adivinacións en cuestions importantes que comprometían o futuro da sua comunidade, como no momento propicio pra desatar unha guerra" explicou.

Segundo autor, cando o romano César entrou na Galia, os druidas "xa comenzara o seu declive fai tiempo"

"Non foi a conquista romana a que matou aos druidas, senon a romanización das mentalidades que lle precedeu", sentenciou.