| As illas Atlánticas nunha rede europea de protección... |
|
|
|
|
O Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible tamén debateu a posibilidade de propor a inclusión das Illas Atlánticas, nas que están integradas as illas Cíes, Sálvora e Ons, na entrada da ría de Vigo, na Rede Ospar. Os membros do Consello aprobaron dita proposta, que será levada á reunión do Consello Europeo de Medio Ambiente o próximo mes de outubro en París . O obxectivo desta Rede Ospar, constituída en 1997, é previr e eliminar a contaminación e protexer a contorna mariña do nordeste Atlántico dos efectos da actividade humana. Así mesmo analizouse o plan de acción fronte ao cambio climático. O conselleiro apuntou que, entre outras medidas, todos os plans de ordenación municipal que están sendo redactados ou que serán redactados deberán incluír un plan de minoración das emisións de CO2 nos medios de transportes. Fonte: La voz de galicia |