Galizacelta.com
     
Novas Ecociencia ADEGA recorre a autorización pra explota-la mina de F. do Courel...
ADEGA recorre a autorización pra explota-la mina de F. do Courel... PDF Imprimir Correo-e

ADEGA

A Asociación pra Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) anunciou que recorrerá "a todalas instancias posibles" a decisión do Concello da Xunta de Galiza do pasado día 21 de autoriza-la explotación mineira da canteira de La Campa, en Folgoso do Courel (Lugo).

Segundo denunciou o vicepresidente da asociación ecoloxista, Daniel López Vispo, esta explotación "carece de licenza municipal e, durante moitos anos actuou sen un estudo de impacto ambiental". Ademáis, neste sentido, destacou que, unha vez feito este estudo "falsearonse" os datos co fin de que a zona non entrase nos límites da Rede Natura.

Por elo, tachou de "inaceptable" a decisión da Xunta dende o punto de vista urbanístico e ambiental, xa que a zona, a pesar de non estar incluida na Rede Natura, continúa considerándose, segundo indicaron, espazo natural protexido. Asimesmo, a presidenta de Adega, Adela Figueroa indicou que tomará "todalas medidas posibles" co obxetivo de que a Xunta retire a autorización pra o funcionamiento da cantera. Además, destacou que "a peor consecuencia é a pobreza da zona, xa que os seus habitantes están limitados laboralmente", indicou.
Neste sentido, reiteraron o seu apoio a realización "inmediata" dun plan integral de desenrolo pra zona de O Courel que "abra novas expectativas laborais" os seus habitantes. "Non podemos consentir a pasividade política ante o capitalismo no detrimento do bienestar social e ambiental", concluiu. Por último, o catedrático de Xeoloxía da Universidade de A Corunha, Xoan Ramón Vidal Romaní tachou de "incomprensible" o interese político en activar este tipo de industrias "que aproveitan só el 1% do material que usan", indicou. "Esta explotación suporá 1.000 Prestige pra Galiza", sentenciou