Galizacelta.com
     
Novas Ecociencia Greenpeace pensa que o fuel vertido afectar durante anos...
Greenpeace pensa que o fuel vertido afectar durante anos... PDF Imprimir Correo-e

Greenpeace advertiu onte que o fuel volcado polo Prestige ainda afectará a costa galega "durante uns cantos anos máis". O responsable da campaña de océanos desta organización, Sebastián Losada, denunciou ademáis que nin o Goberno do PP no seu momento nin o actual Executivo cambiaron sensiblemente a política de transportes pra evitar un novo accidente.

"A lexislación sobre responsabilidades no caso de accidente segue permitindo que cando estas empresas -dedicadas ao transporte do fuel- fan balance de gastos, sexa máis barato sufrir un accidente de vez en cando, que realmente invertir en seguridade", dixo Losada. Greenpeace ve "con preocupación" que non se avanzase o suficiente nunha materia como o réximen de responsabilidade civil pra casos de desastres coma o do Prestige.

Fonte: www.greenpeace.org