|
Os Ancares de Lugo, xunto cos leoneses e a Sierra de Béjar e Francia, foron declarados Reserva da Biosfera da Unesco. A decisión foi tomada hoxe na reunión do programa Home e Biosfera, segundo informaron fontes da delegación española. Ata agora España tiña 33 lugares coa mesma consideración.
A decisión foi adoptada por unanimidade polo Buró do programa MAP e deberá ser ratificada o xoves por un órgano superior, o Consello Internacional de Coordinación do MAP, segundo as fontes, que apuntaron que habitualmente non hai decisións contrarias.
Os Ancares leoneses e de Lugo pasarán a formar parte da futura reserva da biosfera Gran Cantábrica, na que tamén estarán outros espazos que xa contan co recoñecemento do MAB, como Muniellos, o Val de Laciana, os Picos de Europa, Babia, os vales de Omaña e Lúa, o alto de Bernesga e os Argüellos.
Os Ancares forman unha barreira natural montañosa entre Lugo e as comunidades de León e Asturias e constan de numerosas canles fluviais que deseñaron a súa paisaxe ao longo do tempo.
Mentres tanto, a Intercontinental do Mediterráneo é unha reserva integrada por preto dun millón de hectáreas repartidas entre as provincias marroquís de Tetuán, Chefchouen, Tánxer e Larache e as españolas de Málaga e Cádiz, nas que están as Serras das Nieves e de Grazalema.
Trátase da primeira reserva da biosfera de carácter intercontinental, aínda que a súa aprobación hoxe está subordinada á definición dunha serie de aspectos administrativos entre España e Marrocos, que figurarán por escrito nun acordo bilateral.
A lista mundial de reservas da biosfera consta ata agora de 482 espazos de 102 países e España figura no terceiro posto, por detrás de Estados Unidos.
Fonte: La Voz de Galicia Nova enviada por ghaillic |