Galizacelta.com
     
Novas Ecociencia Voluntarios galegos contra os incendios forestais...
Voluntarios galegos contra os incendios forestais... PDF Imprimir Correo-e

Un grupo de voluntarios galegos que participaron este verán na loita contra os incendios forestais colgaron en Internet unha páxina web pra continuar animando a cooperar as persoas interesadas en labores de reforestación e vixilancia dos montes galegos.

O obxetivo desta iniciativa, impulsada por un grupo de voluntarios do concello pontevedrés de Forcarei, e realizar un seguimento as políticas forestais e ambientais o longo de todo o ano, así como incidir na necesidade de que os ciudadans continúen colaborando nesta causa.

Os responsables da web voluntarioscontraolume.org mercaron o dominio e alugaron o hosting, ademais de recurrir a Asociación para Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) pra seu patrocinio. A xuizo, non se trata de sustituilo traballo dos profesionais da Xunta con voluntarios, senón de complementar coa sua axuda o traballo que desempenhan.

voluntarioscontraolume.org