Galizacelta.com
     
Novas Ecociencia O ecosistema da ría de Vigo en perigo...
O ecosistema da ría de Vigo en perigo... PDF Imprimir Correo-e

Dende o Foro Social tamén insisten en sinalar cales son as consecuencias que lle esperan ao ecosistema da ría de Vigo, que sairía gravemente danada no caso de que se chegase a construir ese porto deportivo.

O Porto requeriría da creación dun dique duns 600 metros que destruiría máis de 250.000 metros cuadrados dunha productiva zona pesqueira. Este titán faría inevitable o verquido de toneladas de lixo, area, rocha e outros residuos directamente no mar, co que racharía directamente o ecosistema da ría, contaminaría as augas marinhas e alteraría o fluxo das correntes marinhas, ademáis de producir un dano letal ás 260 especies marinhas que viven nesas augas.

"Moitas destas especies -salientan os do Foro- son de grande importancia para os pescadores locais que dependen delas para á súa subsistencia".

Outro tema moi importante a ter en conta é que o Porto Deportivo eliminaría o biotopo no que viven as algas coralinas conhecidas como "maërl" que precisan de entre 1.000 e 8.000 anos para o seu crecemento e cuxa protección está recomendada polas directivas europeas, ao igual que a do delfín mular (Tursiops truncatus) que tamén frecuenta estas augas. Sen dúbida, unha auténtica catástrofe ambiental.

Fonte: noticiasgalicia. Aldara Iglesias. 16/09/06