Galizacelta.com
     
Novas Ecociencia A Xunta ofrece aos cidadáns un número de información...
A Xunta ofrece aos cidadáns un número de información... PDF Imprimir Correo-e



A Xunta puxo ao servizo da cidadanía o teléfono 900-400-800, activo as vinte e catro horas do día, para coordinar o dispositivo de voluntariado en materia de incendios e facilitar o aporte de datos ou suxestións respecto diso por parte da poboación galega.
Nun comunicado de prensa, Vicepresidencia informou de que coa activación deste teléfono o Goberno galego intentará canalizar as «innumerables» mostras de axuda e solidariedade que está recibindo, actitudes polas que a Xunta expresou a súa «máis sincera gratitude».
Ademais, este servizo servirá para reunir todas as informacións que os cidadáns poidan aportar para contribuír ás investigacións policiais para acabar cos «terroristas do lume», indicou a Xunta.
Este número operaba ata o momento como o teléfono solidario da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta.

Telefono de atención o voluntariado: 900-400-800