Galizacelta.com
     
Novas Ecociencia A Confederación de Empresarios quere rematar co litoral Galego...
A Confederación de Empresarios quere rematar co litoral Galego... PDF Imprimir Correo-e

CEG

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, alertou hoxe dos efectos da lexislación impulsada pola actual Xunta en relación coa protección do litoral e defendeu que sería "mellor" reducir de dous anos a un o período de prohibición de construír na zona de costa. Nunha entrevista na Cadea Ser Fontenla admitiu a necesidade de preservar o medioambiente, pero puntualizou que "non a calquera prezo". "Nós queremos que se protexa a costa, pero que se faga con axilidade", afirmou, á vez que detallou que ante os dous anos que se puxeron de moratoria "se fose un, moito mellor". "Hai concellos que poden soportar eses dous anos, pero outros non", advertiu.
 
O presidente da patronal galega avogou tamén polo fomento das infraestruturas para paliar a caída de actividade na construción de vivendas: "se se paraliza algún sector estratéxico como é o da construción, que xera moito emprego e moita riqueza, hai que propiciar medidas alternativas á gran promoción de vivendas, por exemplo, poderíase incidir máis en infraestruturas", asegurou..