| ADEGA solicitará a creación dun Parque Natural na Ribeira Sacra |
|
|
|
|
ADEGA solicitará no vindeiro Consello Galego de Medio Ambiente a creación dun Parque Natural na Ribeira Sacra. A figura de Parque Natural resulta a máis acaída para unha protección da natureza e o desenvolvemento dun aproveitamento económico sustentábel. A creación dun Parque Natural é compatíbel coa declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade e pode axudar en gran medida á consecución desta distinción da UNESCO. As vantaxes que proporciona a consecución destas dúas posibilidades serán enormemente beneficiosas para o desenvolvemento turístico e máis para a obtención de axudas económicas co obxecto de fomentar a conservación tanto do medio natural como dos bens culturais. Tamén neste senso beneficiará á actividade agrícola nomeadamente no caso do viño xa que que está orientado á unha producción de calidade. A agricultura é unha actividade compatible e mesmo necesaria para o mantemento da biodiversidade e para evitar o risco dos lumes forestais dando valor ao territorio e potenciando o desenvolvemento endóxeno.
Fonte: www.adega.info |