Galizacelta.com
     
Novas Cultura O patrimonio Galaico na Idade Media...
O patrimonio Galaico na Idade Media... PDF Imprimir Correo-e

<<Na Idade Media destruíanos e púñanlles cruces>>

Os petróglifos actualmente aínda non teñen todo o recoñecemento que merecen, pero na Idade Media a situación era moito peor. Segundo os conferenciantes, naquela época eran asociados a rituais pagáns e en consecuencia moitos foron destruídos e a outros, sobre todo aos circulares, graváronlles cruces e outros símbolos católicos, engadidos que actualmente se diferencian perfectamente.

www.lavozdegalicia.es

Aínda que a maioría son círculos, tamén hai debuxados animais, cazoletas e fechaduras, entre outros gravados. No Farelo, as catas para estudalos comezaron fai só dúas ou tres anos por parte dos "investigadores da USC, por mor de que Varela Cadahía chamase a atención sobre a súa importancia e encabezase a oposición a que a zona fose cruzada por unha liña eléctrica de alta tensión.

Os traballos tamén permitiron descubrir varias mámoas e castros, deixando patente a riqueza arqueolóxica dos montes do Farelo. Aínda que a maioría están en terreos comunais, foi conseguida a autorización da empresa do parque eólico para realizar os traballos de catalogación e conservación.

Unha das principais ameazas é o lume, que os dana. Neste lugar o perigo é maior debido á abundancia de monte baixo e toxos, aínda que recentemente foi limpado o monte. Tamén se queixaron da falta de sinalización, que debe facer o Concello.