Galizacelta.com
     
Novas Cultura Un dolmen simbolo Galego...
Un dolmen simbolo Galego... PDF Imprimir Correo-e
 O hemiciclo do Pazo do Hórreo estreou hoxe a vidreira deseñada polo intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo que, cun dolmen que simboliza a Galiza como figura central, conmemora os 26 anos de traxectoria do Parlamento.

 O descubrimento da obra contou co autor como protagonista, xa que foi o encargado de dar lectura á declaración institucional deste XXVI aniversario, acompañado polos membros da Mesa da Cámara e coa asistencia da práctica totalidade dos deputados, da metade dos conselleiros e do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e do vicepresidente, Anxo Quintana.

O traballo, composto por 64 pezas de vidro soprado a boca, esmaltado a lume e gravado a ácido, empezouse a construír en outubro, despois de que o Lexislativo adxudicase a súa realización ao veterano artista un mes antes. Deste xeito, trala súa instalación, o Pazo do Hórreo suma así unha nova vidreira ás que xa contaba doutras personalidades ilustres como Laxeiro.

A figura central -o dolmen- "ara onde se pedía a eternidade", segundo recordou Díaz Pardo, aparece sobre unha terra verde na que se le 'Gallaecia', "terra dos galaicos, que xa tiña nome que os distinguía e identificaba nas terras da Iberia e que a Roma lle custou caro conquistar".
 
www.mundogaliza.com