| 'Camiños da fin da terra' novo disco de Luar Na Lubre... |
|
|
|
O grupo Luar na Lubre, unha das bandas galegas de música folk de maior repercusión internacional, volve as raíces en 'Camiños da fin da terra', o seu décimo disco no cal recuperan antigas lendas, tradicions e personaxes históricos da Galiza.'É un traballo co cal reencontramonos con nos mesmos e voltamos a esencia da banda, é dicir, música tradicional baseada nas composicions propias e tamén en versions doutros temas', explicou hoxe Bieito Romero, un dos fundadores do grupo, na presentación do novo traballo na SGAE. Acompañado só por Sara Vidal, Pedro Valero e Xan Cerqueiro, o cuarteto -o grupo formano oito músicos- interpretou en directo duas cancions do novo disco, 'Canto de andar' e 'Britonia', sobre os celtas bretons expulsados das illas británicas que chegaron as costas galegas. A diferenza do traballo anterior, 'Saudade' (2005), adicado a emigración galega en suramérica, 'Camiños da fin da terra' é 'una mirada hacia dentro', coa tradición galega como hilo conductor. De ahí saen as 14 cancions do disco, entre elas 'A barca da pedra', un alalá -canto popular galego- que narra como a Virxe chegou a terras de Muxía nunha barca de pedra, e 'María Soliña', referencia ao personaxe torturado pola Inquisición e convertido nun símbolo polo pobo galego. O disco sae a venda hoxe, Martes 23 de Outubro. Terra Actualidad - EFE O álbum conten o videoclip 'Os Animais', versión dunha canción irlandesa que remite o Arca de Noé, e que os músicos interpretan acompañados por un coro de 'vikingos', unha novidade pra banda, que sempre contou con voces femininas.
Tra-la proba que supuso 'Saudade', Sara Vidal repite por segunda vez, despois da marcha de Rosa Cendrón, como vocalista do grupo. Un 'desafío intenso, no cal perfeccionaronse detalles' e sobre o que, segundo ela, no hai lugar 'a comparacions'. Respecto a repercusión internacional da banda, Romero destacou a existencia de foros e comunidades sobre o grupo en Internet, o que demuestra, segundo él, 'que o grupo non está limitado ao contexto galego'. Luar Na Lubre comezará na Corunha este xoves unha nova xira de concertos que pasará por Burgos (27), Bilbao (8 de novembre), Donostia (10), Torrelavega (11), Madrid (11), Barcelona (16) e Torrepacheco (23), e tras máis dunha docena de fechas en Espanha viaxarán a Hungría, Alemanha, Holanda e Brasil. |