Galizacelta.com
     
Novas Cultura Falece o xornalista Juan Antonio Cebrián...
Falece o xornalista Juan Antonio Cebrián... PDF Imprimir Correo-e

Cebrian no 2005

O xornalista e presentador do programa de Onda Cero "La Rosa de los Vientos" Juan Antonio Cebrián faleceu onte pola tarde en Madrid, aos 41 anos, a causa dun infarto. Cebrián, xornalista e escritor nacido en Albacete, dirixía e presentaba dende fai nove tempadas o programa "La Rosa de los Vientos", que emitiase nas madrugadas dos fins de semana en Onda cero.
 
Esta noite, a hora prevista pra o comenzo do programa, un locutor anunciou nun comunicado o falecemento de Cebrián. "Faleceu Juan Antonio Cebrián, de súpeto, por mor dun infarto traicioneiro que chegou esta tarde sen avisar, sen darlle ocasión a Juan Antonio de despedirse de vostedes, a familia dos oíntes de Onda Cero e a familia dos seus oíntes de La Rosa de los Vientos", sinalou.
 
Juan Antonio Cebrián realizou, entre outros, os espazos radiofónicos "La Red", "Azul e verde" e o sempre recordado "Turno de noche". Tamén foi director da revista "LRV" e na actualidade era colaborador habitual do diario "El Mundo" e da revista Historia de "Iberia Vieja". Como escritor publicou obras como Mis favoritos e Enigma e recibiu premios como o de ‘Mellor Locutor’ (1994), concedido pola Asociación de Corresponsales Diplomáticos, e a Mellor Programa Radiofónico, otorgado polo semanario "Águeda" en 1996 ao espazo "Turno de noche". O Fondo Mundial de Protección a Natureza concedeulle tamén en 1998 o premio a ‘Mellor Divulgación’...