Galizacelta.com
     
Novas Cultura Actividades lúdicas para fomenta-lo uso uso do galego
Actividades lúdicas para fomenta-lo uso uso do galego PDF Imprimir Correo-e

Política Lingüística organiza actividades lúdicas nos centros comerciais para fomenta-lo uso uso do galego.
GZnación / Redacción

Centros comerciais de toda Galiza acollerán durante o outono distintas actividades lúdicas e didácticas para fomentar o uso do galego. Esta iniciativa, levada a cabo pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, está pensada para aproveitar o tempo de lecer e paseo das familias polas áreas comerciais.

Así, a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, asistirá hoxe ao comezo das actividades 'Tardes con Uxía e vos Pillabáns' no centro comercial Área Central de Santiago, que se manterá até o 15 de decembro con contacontos, animacións e talleres de debuxo.

Ademais, Política Lingüística puxo en marcha o 15 de setembro un expositor itinerante que percorre os centros comerciais de toda Galiza. Esta acción, que forma parte da campaña 'En galego tes todo por dicir, E logo!', está encamiñada a animar ás familias a xogar coas palabras, para coñecer o vocabulario galego.

Este fin de semana, o expositor atópase no centro comercial Catro Camiños da Coruña. A próxima cita será os días 19 e 20 de outubro no Gran Vía de Vigo, e o 26 e 27 do mesmo mes, no Pontevella de Ourense.