| Descuberto un novo monumento con forno na Mariña |
|
|
|
|
Dende o ano 1974 que foi descuberto no transcurso dunhas excavacións e non souberon daquela o que era, volvendo a tapalo, a asociación A MARIÑA PATRIMONIO tirou duns recortes de prensa da época e fixo a descuberta. En xullo de 1974 no transcurso dunhas obras na zona Atalaia, na vila de San Cibrao (A Mariña), nunha horta da chamada "a casa de Dorita", descubriuse un edificio soterrado na area. Debido á importancia do achado, naquela altura a denominada Dirección Xeral de Belas Artes, paralizou as obras e realizou unhas escavacións arqueolóxicas, crese que baixo a dirección de Manuel Chamoso Lamas. Aquelas escavacións foron visitadas polo Presidente da Deputación Provincial de Lugo o día 20 de xullo, e o xornal El Progreso recollía a noticia. A aquelas páxinas de xullo do 74 acudiron os membros do colectivo Mariña Patrimonio, após ter oído, dos veciños, que naquela zona había un edificio, de forma rectangular, con escaleiras de acceso, bancadas nunha das salas, unha caste de fiestra, unha falsa bóveda de cuberta sobre a que descansaba unha laxe de granito de grandes dimensións, a existencia de túneles... Ao saber que o edificio podería estar soterrado aínda, e, polo tanto conservado, os membros de esta asociación acudiron a un arqueólogo, e describíronlle a construción. Segundo contan nun seu comunicado, "a resposta foi clara: estabamos describindo un tipo de construción castrexa coñecida coma monumento con forno, e tamén denominada pedra fornosa, sauna castrexa ou balneario castrexo".
|