Galizacelta.com
     
Novas Arqueoloxía Rehabilitado o castro de Borreiros...
Rehabilitado o castro de Borreiros... PDF Imprimir Correo-e

A mancomunidade de montes de Borreiros rehabilita un castro nos seus terreos

Dende hai un mes e medio estánse a desenrolar traballos de rehabilitación e de escavación do castro de Borreiros, en Gondomar. A mancomunidade de montes onde se atopan os restos é a responsable do proxecto, para o que obtivo un subsidio de 170.000 euros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). Para agosto agárdase estean rematados os traballos, que inclúen a recuperación de tres vivendas e varias catas arqueolóxicas.

www.culturagalega.org