Galizacelta.com
     
Novas Arqueoloxía Inspeccionan os petróglifos de Catoira...
Inspeccionan os petróglifos de Catoira... PDF Imprimir Correo-e

Na Consellería de Cultura xa tomaron nota do que os comuneiros de San Miguel de Catoira presentaron como o achado de importantes petróglifos e anuncian que, en cuestión de días, os arqueólogos de Patrimonio desprazaranse ao monte para estudar o caso sobre o terreo.

Se se confirma o que parece incuestionable -os comuneiros achegaron fotos que acreditan a existencia destes restos - os técnicos iniciarán o procedemento para proceder á súa catalogación e incluír estes petróglifos no inventario de bens de interese cultural.

Entre tanto, a comunidade de montes de San Miguel prefire non desvelar o lugar exacto onde se produciu o descubrimento para evitar a acción dos expoliadores.

Segundo explicaron a este diario, trátase de seis pedras concentradas nun radio de 20 metros cadrados, que presentan figuras en forma de espiral labradas sobre a roca, nalgún caso en moi bo estado de conservación. Os petróglifos saíron á luz con motivo dunha plantación.