| Vertedura enterra os petróglifos de Moanha |
|
|
|
|
Denuncian novas agresións ao xacemento de Pozo Garrido, que xa ocasionou unha sanción de 130.000 euros O Morrazo está poboado de xacementos arqueolóxicos dende as súas zonas máis altas ata o mar. Cangas e Moanha contan, entre eles, cuns 40 petróglifos catalogados. A construción da vía rápida obrigou a trasladar un par deles, o de Gondarán, en Cangas; e o da Devesa, en Moanha.
O da Devesa foi perseguido, diríase que con saña, ata a súa desaparición. Trasladouse á beira da rotonda da vía rápida en Meira e posteriormente, ao descoido, botóuselle terra encima, quedando desde entón oculto, aínda que parece ser que Patrimonio pretende sacalo de novo á luz. O colectivo ecoloxista Luita Verde presentou sendas denuncias, pero a día de hoxe descoñece o estado dos expedientes. O pasado ano, Patrimonio sancionou con 130.000 euros a unha empresa de escavacións por realizar verteduras á beira do petróglifo de Pozo Garrido, ademais de imporlle a obrigación de retirar a terra e un muro que fixera para contela. Luita Verde denuncia agora que devandita empresa non só non retirou as verteduras, senón que seguiu botando máis terra. As choivas de febreiro estanas arrastrando e depositando xusto encima do petróglifo. O grupo ecoloxista ten hoxe concertada unha reunión coa delegada de Cultura na que lle exporá unha a unha as agresións ao patrimonio dos últimos anos. Luita Verde entende que tanto Cultura como os concellos manteñen un comportamento «irresponsable» e esíxelles que actúen.
|