| Restos dun castro en Lugo... |
|
|
|
|
No lugar hai restos dun castro que foron visibles ata principios dos anos oitenta O sartego de Fornas non é o único elemento de interese arqueolóxico que se encontra nesta zona. Nas inmedicacións da sepultura, a unha distancia de en torno a douscentos metros deste punto, existiu un castro que hoxe non é visible debido ás importantes alteracións sufridas por estes terreos, pero algúns vestixios das súas construccións aínda eran perceptibles a principios da década dos oitenta. «É un caso moi parecido ao do castro que encontraron hai pouco tempo en Lugo, no barrio da Piringalla, que tamén estaba totalmente oculto», sinala a este respecto Iván Álvarez. «Se se fixese unha escavación, probablemente aparecerían restos dese asentamento», opina.Baseándose en testemuños dos veciños, Álvarez indica que o castro debeu de ter unha forma circular similar ao de Guítara, en Pantón. Ao parecer, estaba defendido por unha muralla de terra que polo lado interno se encontraba reforzada con pedras. No lugar foron encontrados numerosos obxectos relacionados seguramente con este asentamento castrexo: muíños de man, fusaiolas -pezas de tear-, fragmentos de cerámica... Por outro lado, o arqueólogo non desbota a posiblidade de que no lugar teña existise tamén unha capela medieval que puido estar asociada á tumba rupestre. «É probable que a houbese, pero para demostralo habería que encontrar restos recoñecibles», puntualiza.
|