|
O proceso de declaración coma Ben de Interese Cultural só afectará ás principais cámaras funerarias megalíticas do país. A Consellaría de Cultura reconheceu que está a traballar na aplicación deste grado de protección para os monumentos deste tipo logo dunha información aparecida en “A Nosa Terra” o pasado venres. O primeiro paso nese sentido será a vindeira adquisición e protección de quince cámaras funerarias da Costa da Morte. Na actualidade só tres monumentos deste tipo están reconhecidos coma BIC. www.culturagalega.org
|