| I Xornadas Historia da Galiza |
|
|
|
|
Crónica multimedia das I Xornadas de História da Galiza (Ourense, marzo do 2004) http://www.historiaourense.org/
André Pena Graña - «O celtismo e as orixes da Gallaecia» O arqueólogo e celtista André Pena abriu as “Xornadas de Historia da Galiza” o pasado dia 16 de Marzo, cunha conferencia do mundo celta na cal mostrou a influencia desa cultura na Galiza e, ainda, reivindicou o celtismo vivo da Galiza actual. ![]()
Anselmo López Carreira - «Unha visión galega do Medievo: séculos V a XIV» O medievalista Anselmo López Carreira tamén ministrou duas conferencias, realmente do mais interesante, nas cales falou “sen complexos” das mentiras e terxiversacións da historiografia hispana ao servizo da construción dunha ideoloxia baseada no “invento e no mito” e non na “documentación e nos feitos históricos”; e ainda da “verdadeira” historia medieval da Galiza, con destaque para o “grande reino suevo” e a hexemonia e importancia política, económica e cultural da Galiza até moi avanzado o século XIV, desmentido a existencia do fenómeno que a historiografia hispana coñece como “Reconquista”.
Felipe Senén - «As orixes historicas da arte popular galega» A torrente verbal do antropólogo Felipe Senén sorprendeu os(as) moitos(as) asistentes a súa conferencia o pasado dia 30 de Marzo, cunha exposición audiovisual na cal da “Galiza da pedra” chegou a “Galiza do novo milenio” colocando en destaque o carácter construtivo, inovador e moderno do pobo galego visto dende a perspectiva da análise da súa cultura popular ainda viva. |