Galizacelta.com
     
Media Audios Conferencias II Xornadas Historia da Galiza
II Xornadas Historia da Galiza PDF Imprimir Correo-e

Crónica multimedia das II Xornadas de História da Galiza (Ourense, marzo do 2009)

http://www.historiaourense.org/
_____________________________________________________________________

André Pena Graña

André Pena Graña - «A Galiza: O berce dos celtas atlánticos»

Fai 20.000 anos, fuxindo do xeo (Carracedo, Sykes, etc.), a poboación europea atopou un refuxio climático no noroeste da Península Iberica. Xa no Neolítico, cando a glaciación se retirou, esta poboación migrou cara Irlanda, despois de Irlanda a Gran Bretaña, para retornar a partir dali ao continente. É a Grande Migración dos Celtas. Esta exposición apresenta, nin mais nin menos, a xénese e a evolución das institucións celtas, no berce cos viu nacer: Galiza.

 

Paula Sánchez

Paula Sánchez - «Recolonizacións do oeste europeu a partir do Norte da Península Ibérica: Xenes e migracións»

A análise de variación xenética das poboacións humanas atuais permite reconstruir os diferentes movementos poboacionais que tiveran lugar durante a sua formación. Paula Sánchez apresenta o resultado de diversos estudos xenéticos que procuran exprimir a orixe das poboacións europeas, as cales apresentan distintas migracións que tiveran lugar no transcurso da súa historia.

 

Marcial Tenreiro

Marcial Tenreiro - «Repensando a romanización: indixenismo e romanidade»

A romanización ten sido concebida tradicionalmente como un fenómeno uniforme e unilineal conforme o cal a cultura romana era transplantada en bloco a uns indíxenas que atuaban aqui como simples recetores pasivos das novidades culturais do império. Nos últimos anos tense feito a nível europeu unha crítica considerábel desta conceción da romanización salientando o carácter multiforme e a enorme variabilidade do romano-provincial, e dando cada vez unha maior importancia ao papel das comunidades indíxenas e das súas estruturas sociais prévias a hora de entender como se produce realmente a romanización. Na presente intervención tentase exprimir como isto pode achegar certa luz ao caso partícular da Gallaecia.