| Banshea, unha lenda celta |
|
|
|
| Escrito por Brath |
|
Páxina 1 de 2 Espírito feminino dos pobos gaélicos e celtas, que se oe a miúdo pero non se ve case nunca. Dise que é unha muller con cabelos negros e desordenados, os ollos vermellos de tanto chorar, un vestido verde e unha capa gris. Emite un berro horrible, mestura do aullido do lobo, o graznido dos gansos salvaxes, os berros dun neno abandonado e os gemidos dunha muller ao dar a luz. Este terrible e semihumano queixume espertará ao máis durmido e oirase por encima do vento máis forte. É especialmente estremecedor cando resoa sobre os páramos e os lagos, no crepúsculo dun día nubrado de verán. O aullido da Banshea significa que un membro da familia que o oe vai morrer. Pode ser alguén que estea lonxe do seu fogar, pero a Banshea advirte á familia no pobo natal. A palabra "banshea" derívase do celta bean seidh, que significa "Muller das Fadas". "Enciclopedia das cousas que nunca existiron" Michael Page y Robert Ingpen, Anaya) Banshea Escuridade. As sombras esvaran e agóchanse tralas tellas douradas da noite. Paz de auga asulagada nas tellas douradas da noite. Vento que lambe húmidas herbas entre as tellas douradas da noite. Berro xeado que creba a paz con máis paz e se filtra como pingas de dor nas tellas douradas da noite. Parto absurdo, infindo sufrir. ¿Ónde vas, vella Banshea, co vento ás costas e o tempo nas mans? Fondas enrugas dunha imposible sabedoría non aprendida. ¿Por que choras, muller das fadas, co mundo ás costas e as mans de borralla? Árbore esnaquizada polo lóstrego, noites de lúa e moito lembrar. Volta prá terra queimada, vella Banshea, e cando máis chova berra con voz esnaquizada polo lóstrego dende as tellas douradas da noite. Ou agarda a morrer no día, coas horas fuxindo das túas mans como paxaros espantados polo lume. |