|
Escrito por Brath
|
|
Páxina 2 de 4
Pero, antes de proseguir co artigo vexamos o que realmente Plato dixo sobre a Atlántida na sua obra Tamios. Como especificamos ao comezo, esta obra é un diálogo. Dropides, un amigo persoal de Solón (segundo Platón)viaxou a Exipto durante os anos 590 A.C. y 580. Foi a cidade de Sais e tivo largas conversas cos sacerdotes nela. Os sacerdotes informaronlle que tanto Sais como Atenas foron fundadas, a primera fai oito mil anos e a segunda fai nove mil. Que naquela época da fundación existia unha illa tra-las famosas Columnas de Hércules "era maior que Libia e Asia xuntas".
Esta Sentencia precisa de duas enmiendas. Porque hai que ter en conta que o que eles chamaban Asia non era mais que Asia Menor. E a segunda refirese a un termo usado por Platón en grego que o mesmo podía significar "grande en extensión" que "grande en poderío". Este termo era meizon. O máis probable é que significase grande en poderío xa que dacordo co relato os habitantes da Atlántida planeaban unha invasión pra subyugar a porción do Mediterráneo que daba con eles. Parece que a invasión levouse o efecto e que só o final dunha cruenta loita os atenienses lograron a victoria rechazando os invasores.
Os sacerdotes afirmaron que "pouco despois da fracasada invasión comezaron a ocorrer maremotos, terromotos‚ inundacions e a illa de Atlantis desapareceu pra sempre baixo as augas do Atlántico"
Non hai outra referencia a Atlántida no Timaios. E se non fose polos outros diálogos en sucesivas obras pouco interese teria o relato dos sacerdotes acerca da invasión e a desaparición da Atlántida. Pero foi a obra Kritias a que excitou a imaxinación de todo o mundo. Na Atlántida (segundo Kritias) vivía un pobo abundante. Poseidón namorouse perdidamente dunha das mozas da illa. Viviu con ela nunha pequena montaña e concibiu coa mesma cinco pares de xemelgos todos eles varons. Segue a lenda dicindo que Poseidón rodeou a sua montaña con varios cursos circulares de agua pra evitar que os homes chegaran ata os seus dominios e que os viaxeiros mantiveranse afastados.
Esta é a primeira referencia as famosas canles circulares da Atlántida. Canles que transportaban a auga dos ríos por medios artificiais ata toda a terra da illa. Os sucesivos reis da Atlántida magnificaron a obra e a aumentaron mediante construccions artísticas creando unha verdadeira rede de irrigación a vez que un maior número de comportas permitía darlles paso aos barcos dos comerciantes. Os diferentes círculos separados uns dos outros pola agua das canles a sua vez unianse mediante pontes que dividianse en tres partes pra permiti-lo cruce.
O centro da illa estaba constituido pola montaña na cal vivía Poseidón no seu palacio. Esta illa estaba separada do resto por unha canle circular. Despois seguía unha zona tamén circular de terra coñecida como a "Bahía Interior" a sua vez separada da Bahía Exterior por outro círculo de augas doces. Unha canle central rectilíneo unía a todo-los puntos da terra co mar aberto. A parte externa da derradeira porción de terras habitables estaba rodeada dunha inmensa muralla circular que protexía a todo o conxunto das miradas ou curiosidade dos que chegaran alí por casualidade.
A idea xeral, baixo punto de vista arquitectónico, é case inconcibible. Hoxe en día ían ser incontables anos de traballo e os máis modernos métodos de construción pra lograr algo semellante a Atlantis arquitectónica. A área total, a cidade central, os campos circulares e as canles interiores ocuparían (segundo a descrición de Platón) un área preto de as oitenta mil millas cadradas. Todo isto nun perfecto esquema mediante o cal a canle central seria a encargada de regula-las mareas altas e baixas das augas a fin de manter un constante fluxo de irrigación pras colleitas.
¿Incrible verdade? ¿Pero... de onde puido sacar Platón ideas tan lonxanas a época na cal lle tocou vivir? Os arquitectos que leen a descrición de Platón quédanse asombrados pola distribución e exactitude dos seus planos mentais.
¿Extraterrestres...? Existe unha marcada diferenza entre as escasas referencias a Atlántida feitas no Timaios o cal ven a ser un incompleto recital acerca das invasións e catástrofes que destruíron unha Atlántida nebulosa e irreal e a Atlántida descrita no Kritias.
O Kritias fala de pormenores inconcibíbel. Non só baixo o punto de vista da construción arquitectónica senón tamén sobre datos particulares da cidade en sí e os seus aldeáns. Paredes de diversos materiais e cores, clases de metal usados no reforzamento das súas casas... etc... Os exploradores da Atlántida, que aceptan a descrición de Platón termo por termo encóntranse ante un dilema... a verdadeira ubicación do Continente Perdido.
|