É inviable ler a mente dun home que morreu fai 2300 anos... Se se puidese facer así ou se polo menos, inventaramos unha máquina do tempo que situara aos personaxes do pasado no mundo actual quizais supéramos exactamente o que ocorreu no misterioso continente perdido da Atlántida.
A única fonte de información coa que contamos na actualidade son os escritos deste home desaparecido fai dous milenios e medio... Plato.
Plato máis coñecido por Platón no mundo de fala castelán viviu na centuria comprendida entre o ano 427 a. C. ao ano 347 a. C. A Atlántida foi mencionada en dúas das súas obras principais. Mais que obras as mesmas poden considerarse como "diálogos" linguaxe a discutir entre dous persoas polo que hai que ter en conta de que Plato viviu na época da filosofía e nese tempo case tódalas ideas expoñíanse a pública discusión creando as diversas escolas do pensamento humano.
Tamios e Kritias... éstas son as obras que fan referencia a Atlántida. Son as únicas fontes de referencia da Atlántida. as derradeiras. Calquer libro ou artigo escrito pasada a época de Plato non deixa de ser só unha variante informativa de aquelas obras do escritor.
Platón xamais estableceu nas súas obras que el tivera directo contacto coa Atlántida. Na época na cal o filósofo escribiu sobre este continente As súas referencias baséanse nas memorias dun home morto cento cincuenta anos antes de que el nacese. Este home chamábase Solón e traballaba pra o Goberno de Atenas viaxando extensivamente. Polo tanto quédanos só dous vieiros a escoller no referente a Atlántida. Ou ben Plato estudou en verdade as obras cos escritos de Solón e baseouse neles pra escribir sobre o tema ou ben simplemente inventou a personaxe pra consolida-la súa teoría filosófica do "Estado Ideal".
Aristóteles, o pupilo e estudante máis avantaxado de Platón estaba convencido de que a Atlántida fora inventada polo seu mestre pra fins de tipo filosófico e que non existiu na realidade. Os séculos posteriores marcaron unha case total apatía referente a Atlántida. Plinio o Vello, filósofo romano, seguiu a teoría de Aristóteles acusando ao falecido Platón como "inventor dunha fábula sobre Atlantis". Os filósofos, historiadores e estudosos sucedíanse por xeracions e o tema ficaba suspendido en estado de inanimación gravitacional.
Tras un intervalo de mil cincocentos anos, un sorpresivo número de científicos, historiadores e arqueólogos comezaron a manifestar un repentino interese polo continente suposta mente desaparecido ao outro lado do océano. O historiador hispano Francisco López de Gomara (1510-1560) foi o primeiro en dicir que a Atlántida debía rematar en América. Sir Francis Bacon (1561-1626) dixo exactamente igual e o educador xermano Janua Joannes Bicherod dixo que "O Novo Mundo descuberto polos hispanos non tiña nada de novo... " no ano 1663.
Estos ecos sobre a Atlántida non foron apagados dous séculos e medio despois na época de Alexander Von Humboldt. O primeiro home que pareceu acepta-la lenda como unha positiva e real idea histórica foi o pai xesuíta Athanasius Kircher (1601-1680) Este xesuíta foi un verdadeiro investigador dos temas máis variados. Asegurou que "descifrara xeroglíficos referentes a Atlántida". Segundo a súa versión a Atlántida era un pequeno continente no océano Atlántico. Era mais ben unha illa que un continente. As súas dimensions xeográficas a ubicaban entre América e África. Unha inmensa illa na cal unha serie de montañas centrais desfacíanse ata as llanuras nas aguas de diversos ríos que recorrían todo o terreo como os hilos dunha telaraña.