Galizacelta.com
     
Contidos Historia As antas da Galiza
As antas da Galiza PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Solerf   

dolmen

Artigo orixinal de http://www0.umoncton.ca/soeler/galiza.htm

Os druidas celtas da Galiza empregaban as pedras, laxes, petoutos, cregues da mar, barcos ( -cos , -go , laxes que se moven, as pedras de abalar ), arcas ( dolmens, os chamados casa de mouros e tamén arcas, construídos por doutros pobos ) e menhirs (chamados antas e pedrafitas ) , ...as aguas, .... para as cerimonias do culto druida. As pedras sacras dos celtas galegos, das que tanto hai na Galiza, eran obxecto de culto e aínda son. Eran as aras , o altar, das practicas adiviñadoras dos celtas.

Mais de dois mil anos mais tarde as tradicións céltigas da Galiza son ainda moi vivas e as mais puras dos sete países celtas ( Eire, Galiza, Breizh, Kernow, Cymru, Mannin e Alba ).

Colla un canto, un seixo na Galiza, un cacho de pedra galaica, que vostede ten agora nas suas mans. Ese canto é unha parte da historia da Galiza escrita en pedra, esta pedra galega é un cacho da Galiza, do macizo galaico ca isolar da España o que permitiu conservar as tradicións celtas galegas deica hoxe.

Este canto da Galiza leva por dentro os encantamentos e a maxia dos druidas céltigos, os bos feitizos das meigas galegas e as máis puras, non esquecidas, tradicións céltigas.

As Antas da Galiza
As Antas e Antes son os oficiais do culto druida dos Celtas da Galiza para as practicas dos augurios. Os Celtas non teñen templos, eles empregan a Natureza, eles fan o culto druida nas fragas, nas brañas, nas fontes, nos montes, nos ríos, preto do mar,...eles empregan as pedras como aras. Hoxe na linguaxe moderna galega o termo Antas usarse para referir as esas pedras sacras que os druidas utilizan para as cerimonias.

Que quere dicir "Antas" ?
Antas (-es), como os oficiais do culto Céltigo druida. Antas e Antes son verbas da vella língua Goidélica da Galiza, do Galaico. Ant = "oficiais" e anted = "to fit" ten o mesmo sentido ainda hoxe na língua Gaélica da Eire ( Irlanda ) e fai referencia as persoas que son capaces e escollidas para realizar as cerimonias druidas e poden servir de intermediários para interpretar os desexos dos deuses.

Na Galiza Ant's son os interpretes dos deuses, son designados, consagrados, a un deus céltigo particular : Briga, Lugo, Bel, Cerne, ... E como a historia nos conta as Antas son somente as persoas capaces de ler os desexos dos deuses, facer as praticas adiviñadoras e ler o futuro nas entrañas das aves.

A mais vella referencia ao culto druida céltigo na Galiza ven do escritor latino do primeiro século Silio Italico, quen na súa De bello punico , di :

Fibrarum et pennae divinarumque sagacem Flamarum, misit dives Gallaecia pubem ...

É unha descrición completa das praticas adiviñadoras dos Celtas galegos. Como os druidas usan as entrañas das aves e outros animais para ler os desexos dos deuses e predicir o futuro. Estas praticas eran o meio de comunicación cos deuses e deusas.

A verba do Galaico Antas ( ou Antes ) é ainda hoxe empregada na língua galega moderna, o Galego.

Galego é o nome que os galegos lle deron a súa língua, a que é en realidade chamada hoxe no mundo inteiro Português, é unha variante, ainda que con menos marcadas diferencias que por exemplo entre o Ingles-Americano e o Ingles da Inglaterra, e por iso é mellor coñecida polo nome galego-português .

Mais de dois mil anos mais tarde o termo Antas ten un significado moi próximo ao orixinal do Galaico. Os linguistas cren que o Galaico foi falado por derradeira vez no século XVII.



 

O noso prezado membro Solerf leva connosco dende o Domingo, 23 Novembro 2008.

Amosar outros artigos deste autor