Galizacelta.com
     
Contidos Historia As linguas Celtas
As linguas Celtas PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Brath   

Subfamilia pertencente á familia de linguas indoeuropeas. Os celtas foron os primeiros pobos que se instalaron na Europa centro-meridional en torno ao século V a.C. Desde o punto de vista xeográfico e histórico esta subfamilia divídese en dúas ramas, a continental, hoxe desaparecida, e a insular. Esta á súa vez clasifícase noutros dous grupos: o britónico, que comprende o bretón, o córnico e o galés; o outro grupo chamado goélico ou gaélico comprende o irlandés, o gaélico-escocés ou "erse" e o manés, dialecto da illa de Man.

Ata o século V as linguas continentais celtas, entre as que se atopaba o galo, faláronse ao longo e ao ancho da Europa occidental, pero cederon ante a influencia dos outros idiomas veciños de gran vixencia, o inglés e o francés, nos que se pode rastrexar algunha información. Unicamente resistiron os grupos britónico e gaélico, que perviven nas Illas Británicas, na rexión da Bretaña e nalgunhas comunidades norteamericanas do norte e do sur que tratan de conservar o seu idioma orixinario.

O característico das linguas celtas é a perda do fonema indoeuropeo /p/, o que as distingue das demais subfamilias indoeuropeas. Xa que logo, unha palabra latina, grega e sánscrita que conteña unha p en posición inicial ou media aparecerá sen ela na subfamilia celta; por exemplo a palabra latina porcus (que significa ''puerco'', ''porco''), ten o seu equivalente gaélico en orc. Un trazo que distingue o gaélico do britónico consiste en que o primeiro conserva o elemento labiovelar do indoeuropeo /qu/, que máis tarde se escribiu como /c/, con todo o britónico converteuno en /p/. Así o irlandés cuig ou coo-ig, (que significa ''cinco''), corresponde ao galés pump.

As regras de pronuncia das linguas celtas son enormemente complexas; polo xeral a escritura non se corresponde coa pronuncia e as consonantes iniciais varían segundo o fonema último da palabra anterior. Por exemplo, en irlandés ''sangue'' é fuil, en tanto que ''o noso sangue'' é ar bhfuil; en galés ''pai'' é tad, pero para dicir ''o meu pai'' convértese en fy nhad, e combinado cos posesivos de terceira persoa, ''o seu pai (del)/del) e o seu pai (dela)/dela)'' convértese en ei thad e e dade respectivamente.

Todalas linguas celtas empregan o alfabeto romano. Posúen dous xéneros, masculino e feminino, e polo xeral o adxectivo vai detrás do nome. Como as demais indoeuropeas crean nomes derivados dos verbos en lugar de facelo dos participios de presente tal e como fai o inglés; as oracións sempre teñen verbo e expresan a acción por medio da pasiva impersonal.



 

O noso prezado membro Brath leva connosco dende o Luns, 14 Agosto 2006.

Amosar outros artigos deste autor