
Un tema que escomezou a desenrolarse polo ano 90 cando Blanca Fernández-Albalat publicou o resultado das súas investigacións trascendendo a Galiza actual percorrendo o norde de Portugal e chegando ata Cáceres rastreando as inscripcións adicadas a Bandua, Reva, Navia, etc.
Os epítetos destes deuses chamaban poderosamente a atención “dos sanguinarios”, “dos iracundos” , “dos poderosos” son algún deles. Non dudou a autora en prestar atención ós posíbeis rastros deixados por bandas guerreiras de tipo indoeuropeio, máxime cando algún dos oferentes eran “vexillatio”, é dicir, tropas auxiliares de indíxenas incorporadas “por libre” ás lexións, pero cos seus propios xefes e portando os seus propios estandartes.
Ofrecendo un escenario reconstruido usando para elo os textos sobre Viriato, algún datos aillados das crónicas da romanización e paralelismos con bandas guerreiras millor coñecidas coma os fianna de Irlanda ou os Mannërbunde xermánicos, a obra de Blanca Fernández ofreceu una viraxe importante respecto ó que ata o daquela se viña considerando. (Incluso algún autores andaban a falar daquela de que a función das murallas dos castros era de prestixio e cohesión interna do pobo inserto nelas e non defensiva).
Unha custión clave que dificultou durante moito tempo e segue a dificultar o noso coñecemento sobor dos pobos prerromanos do norde é a parcelación dos coñecementos ó ámbito local que a duras penas trascende para así poder ter una visión xeral destes pobos, tentareime explicar:
Cando os xeógrafos romanos e gregos escreveron sobre os pobos do norde, sempre tiveron a tendencia a agrupalos e metelos a todos no mesmo saco, o que nos fai alomenos sospeitar as afinidades que había entre uns e outros.
Da mesma maneira, lendo as inscripcións, observamos que é moi posíbel que estes pobos se chegasen a entender bastante ben uns cos outros (salvo diferencias dialectais que tamén se rastrean bastante ben en ditas inscripcións). Ter isto en conta pode ser moi enriquecedor para poder xunguir datos fragmentarios que nos dén así una visión xeral. Por exemplo, mentres no ámbito galaico-lusitano temos todos esos epítetos guerreiros de deuses pero nengunha representación ou noticia deles salvo as de Viriato, máis hacia oriente aparece en territorio cántabro una inscripción de zurita onde aparecen guerreiros armados vestidos con peles de lobos e inclusive un guerreiro caído sendo picoteado por un voutre; polo tanto ahí temos una confirmación de que esas bandas de guerreiros existían efectivamente. Podería ser que a mitoloxía propia da Galiza e norde de Portugal sobre os lobishomes estivese relacionada con estes guerreiros que saerían a facer as súas incursións depredatorias nouturnas en trance guerreiro asumindo as características do lobo totémico ó que imitaban.