Galizacelta.com
     
Contidos Historia A area galega na prehistoria lingüística e cultural de Europa
A area galega na prehistoria lingüística e cultural de Europa PDF Imprimir Correo-e
Escrito por TCP   

Francesco Benozzo
A area galega
na prehistoria lingüística e cultural de Europa
[en colaboración con Mario Alinei]
In corso di stampa su “A Trabe de Ouro”
_____________________________________________________________________
Presentación:

  • A teoría da Continuidade Paleolítica e a busca da identidade por Xiao Roel

1. Cando lin por primeira vez, por amábel indicación de G. Navaza, o texto italiano da conferencia que F. Benozzo pronunciou en Pontevedra no outono de 2006 no marco dun congreso sobre onomástica, fiquei conmocionado polas perspectivas que abría para a comprensión do pasado de Galiza. De seguido, como posuído por unha voracidade intelectual, metínme na páxina web do grupo de traballo Continuitas (www.continuitas.com) e con asombro e ledicia fun comprendendo o alcance do paradigma interpretativo alí deseñado por M. Alinei e os demais membros do grupo. Vinme a min mesmo como Paulo camiño de Damasco.
Formado no estudo das línguas clásicas, e portanto do indoeuropeo, fun sempre moi escéptico no tocante á presencia de celtas na Gallaecia. Facíaseme moi difícil conxugar a teoría clásica das invasións indoeuropeas desde as mesetas do sur de Rusia, co que estudaba sobre arqueoloxía e prehistoria. Efectivamente, os arqueólogos e os prehistoriadores falaban arreo da continuidade que comprobaban nas súas investigacións. Recentemente tamén, accedera por indicación valiosísima de J. Galovart, estudioso da relación dos megalitos e os petroglifos coa visión do mundo dos que os construíron, ás investigacións de M. Calado e o grupo Gema (www.crookscape.org) sobre o megalitismo alentexano, e acreditara unha vez mais na evidente continuidade desde o Mesolítico até o Megalitismo, esta vez ademáis cun apoio de probas de unha grande categoría científica e metodolóxica. Por todo isto a invasión de celtas halstáticos na Galiza, que arrasaran a poboación preexistente, destruíndoa ou aculturándoa axiña pola forza da súa suposta belicosidade, non me cadraba como o modelo máis apropiado para explicar o que vía. Ademais, o estudo dos topónimos anteriores a Idade Media, que veño realizando desde hai bastantes anos lévarame a unha certa perplexidade, ante a evidencia dos celtismos, que non sabía moi ben como solucionar dentro do marco dos paradigmas nos que me formei na universidade.
  • NOTA. Os autores deste estudio suliñan que, aínda que foi concebido en conxunto e no ámbito dunha idéntica visión do problema da prehistoria lingüística e cultural europea, cómpre atribuír a Mario Alinei os parágrafos 1, 2 e 3 e a Francesco Benozzo os parágrafos 4, 5, 6, 7 e 8.

 



 

O noso prezado membro TCP leva connosco dende o Luns, 24 Novembro 2008.

Amosar outros artigos deste autor