| Algúns aspectos da TCP aplicada a rexión galega - Páxina 9 |
|
|
|
| Escrito por TCP |
|
Páxina 9 de 15
5.5.2. Alén diso, como demostración da primordialidade do fenómeno na rexión galega, xa ficou dito que aquí están presentes (e copresentes) todalas tres tipoloxias do megalitismo europeo:
a) as antas (recórdese, na provincia da Coruña, as antas de Pedra Moura de Aldemunde, Pedra de Arca, Pedra Vixia, Arca de Piosa, Casiña da Moura, Casa dos Mouros, Casota de Berdoias, Cova da Moura; na provincia de Lugo, as antas de Roza das Modias, Santa Mariña, Mollafariña, Chao de Mazós, Abuime, Moruxosa; na provincia de Ourense, as do Outeiro de Calade, Moto Grande, Casola do Foxo; e aquí, na provincia de Pontevedra, as de Mamoa do Rei, en Vilaboa, Chan de Castañeiras, Chan de Armada, Chan de Arquiña, O Meixoeiro); b) a de os menires (en particular, o menir de Cristal de Ribeira, na provincia da Coruña, o de Pedra Chantada en Vitalba (na provincia de Lugo), o de Pedra Alta e o famosíssimo da Lapa de Gargantáns, no concello de Moraña, na provincia de Pontevedra); c) alén das antas e dos menires, estan ainda presentes os círculos de pedras, nomeadamente o do Freixo (na provincia da Coruña), o de Prao das Chantas (no concello de Valadouro, na provincia de Lugo), cos seus preto de cento e un metros de diámetro, orientado segundo o eixo Leste-Oeste. Outra sinal da orixinalidade galega do fenómeno megalítico consiste no feito, francamente invulgar en relación a estes monumentos dalgúns deles seren erguidos sobre megalitos anteriores. É o caso da anta de Dombate, no concello de Cabana de Bergantiños (distrito da Coruña), talvez de máis coñecida da Galicia (tamén pola referencia que lle é feita nunha famosa poesía de Eduardo Pondal, escrita en plena época do Rexurdimento da cultura galega). Nas escavacions a comezos da década dos 90, feitas por Xosé Maria Bello, ficou comprobada precisamente alén da existencia de decoracions pictóricas, tamén significativas a existencia dunha anta anterior sobre a cal aquela fora construída (Bello, 1992-1993). Fenómenos deste tipo son interpretados, obviamente, só o punto de vista arqueolóxico, como sinais dunha cronoloxia de longa duración (Bello, De La Peña, 1995).
Fig. 10. A anta de Dombate (La Voz de Galícia). 5.5.3. Ha de sinalarse, finalmente, que na Galicia, como sucede en case todas as rexións megalíticas (comprendendo tamén as non célticas, de megalitismo máis recente; cf. Alinei, 1996-2000, vol. 2, pp. 479-481), os megalitos teñen igualmente nomes dialectais de carácter máxico-relixioso e que a microtoponomástica dialectal dos sitios nos cales se encontran está ligada a lendas de extraordinario valor para a tese da continuidade do megalitismo até á época histórica. A partir das numerosas lendas e dos nomes (pedra dos mouros, casa dos mouros, pedra da moura), por exemplo, demóstrase que, segundo as crenzas populares, que foron xigantes, denominados mouras (no feminino) e mouros (no masculino) (Alonso Romero, 1998, cit. en Lema Suarez, 2006), p. 11), quen construíu os complexos megalíticos, termos eses ligados á raíz céltica *MRVOS, que significa tanto «morto» como «ser sobrenatural» (Benozzo, no prelo c.). Até mesmo o termo mamoa, o máis vulgar en galego para designar anta, mostra un interesante desenvolvemento semántico; de feito, ese termo continúa, sen dúbida, o latin MAMMULAM, isto é «mama (pequena)» (N.T.: ou «mamiña») e este aspecto etimolóxico perceptibelmente ligado ao aspecto que antigamente deberían ter os túmulos que, en moitos casos, debían cubrir as antas está evidentemente ligado á lendas segundo as cales os megalitos foron colocados nos lugares en que as mouras (epifania mitolóxica da propia terra) aleitaban os seus fillos. Isto é, a lenda oral, tal como o topónimo dialectal, representa un testemuño precioso e esencial sobre a función máxico-relixiosa dos complexos megalíticos: o nome dos megalitos e as lendas a eles asociadas deben, de feito, referirse a un período no cal o aspecto do megalito era diferente do actual (o que resta hoxe son só os esqueletos, por así dicir, dos complexos megalíticos orixinais).
|