| Algúns aspectos da TCP aplicada a rexión galega - Páxina 8 |
|
|
|
| Escrito por TCP |
|
Páxina 8 de 15
5.5. Megalitismo
5.5.1. Coas estatuas-menires e, sobre todo, cos «santuarios solsticiais» aproximámonos cara un argumento crucial para a nosa exposición: o do megalitismo galego no contexto do megalitismo europeo. Os megálitos galegos, (os coñecidos ata hoxe son máis de 5000) representan, a continuación aos da Bretaña, os exemplos máis antigos de sepulturas monumentais colectivas. A importancia dos megálitos para a prehistoria europea é enorme e aínda alcanzou máis importancia cando a revolución do radiocarbono demostrou que estas construcións europeas son francamente máis antigas do que as orientais exipcias e gregas e que deben ser consideradas como unha expresión europea orixinaria e non importada. A área de distribución dos megálitos europeos é preponderantemente marítima e, á excepción do Sur da Italia, onde tamén están presentes, poder definir como unha expresión da cultura atlántica. A área compacta e as características unitarias do megalitismo non permiten, por iso, darlle unha explicación con base polixenética; é, así, lexítimo e sensato admitir un centro orixinal, cunha ou máis áreas de reelaboración. Dacordo coa Teoría da Continuidade, a provincia megalítica está correlacionada coa rexión céltica dun modo absolutamente elemental: de feito, basta observar que a Irlanda, enteiramente céltica, é toda megalítica (con monumentos datados de 3700 a.C.); que, na Gran Bretaña, as áreas de máxima densidade megalítica son as célticas de Gales, da Cornualles e da Escocia (tamén aquí os megálitos máis antigos son do IV milenio) e que, en Francia, tal como xa dixemos, están presentes os primeiros megálitos europeos e están presentes na súa zona máis céltica, ou sexa, a Bretaña, onde remontan á primeira metade do V milenio, isto é, a unha época aínda mesolítica. É, polo tanto, unha consecuencia lóxica pensar que a rexión céltica fose o centro, e as outras (como o Sur de Italia) fosen áreas de difusión secundaria. Desta rexión orixinaria, como temos vindo a verificar, debería formar parte tamén a Galiza onde, de feito, están presentes os máis antigos megálitos europeos, despois dos bretóns (efectivamente, están datados entre o V e o IV milenio) (Fábregas, 1988, 1991). |