|
Páxina 1 de 2 Os deuses e deusas dos Celtas

Artigo orixinal de http://www0.umoncton.ca/soeler/galiza.htm
Cada Treba, aínda cada familia, ou particular eidos, tiñan as súas propias divindades. Mais todos os Trebas, aínda todos os países Celtas, tiñan deuses comúns do tempo cando ficaban na Europa central. Os Celtas non atribuían as súas divindades unha función exclusiva. Os deuses e deusas tiñan varios atributos. Cesar dinos que os Celtas da Galia, os galos, considerábanse todos descendentes do deus Dis-Pater. Sen dicir cal é o nome que os Celtas da Galia lle daban ao Dis-Pater latin, polas súas características sábese que é o mesmo deus que o deus Gada -Galicia-, Dagda -Eire-, Dadd -britônico- , o bo-deus , o deus-pai . E a historia nos conta que , polo seu lado, os Galegos se consideraban descendentes da deus-nai, como o seu nome indica.
A deusa Dana, nai do deus-pai
Na mitologia Celta druida a deus-nai Dana ( Cail-leach , -a vella muller- vestida de farrapos ) é a nai de Gada ( Eochaid All-athair, - o vello pai- ) que foi o pai de todos os deuses e deus. A image do -Gada- ( bo-deus ) co pau e en farrapos lembra as images dos primeiros abades da Igrexa Celta cristiá, San Patricio en Eire, ... e mesmo o Prisciliano galego que moi ben coñecía a relixión druida e da que moi copiou. De Cal-leach , os galegos collen o nome que levan, -galeg-o-s , ou -fillos da deus-nai- . Como os Celtas da Galia e os outros pobos Celtas, os Celtas da Galiza son tamén descendentes dos deuses, da deus-nai . A cláusula -nai- (NA)/NA) aínda a conservamos na lingua galega, ... con moito agarimo ... dende fai máis de 2500 anos, é dos galegos ... e vai a ficar cos galegos aínda 2500 anos, non-si ? O vello pai ,o Gada foi o pai de Batallar e os outros deuses, vestido de farrapos levaba un pau grande na man e o pote magico de Murias na outra man. Co pau podía pór pola terra nove homes. O pote era o símbolo da fartura e da riqueza. O pote maxico que foi un agasaio do deus Lug, ficaba na vila de Murias ( ha moitos Murias - preto dos montes de Cervantes- ... , Muras, Mouras, ... na toponímia galega ) e era un dos maiores tesouros dos deuses. O pote de Gada tiña sempre comida dentro, representaba tamén a fartura. Unha imaxe da época do pote pode verse na (noso) diadema de Ribadeo, baixo calado nunha placa de ouro, que, magoa, atopase en Madrid no museo arqueolóxico, é un símbolo de sometemento para Galiza, como se os galegos non tivesen dereito a súa propia herdanza.... Era o mesmo pote que nosos devanceiros empregaban, e aínda non fai moito, cos tres pés na lareira enriba do lume, do lume sacro co pote do caldo galego. As imaxes da palloza dos Ancares co pote no centro e a familia ao redor do lume non fican moi lonxe. O pote é o centro da vida día a día dos Celtas, el é o tesouro máis desexado... os tesouros de Murias, dos muras, dos muros ... dos mouros...tan explicito na toda toponímia galega e nas tradicións do pobo galego.
A gran deusa Briga dos galegos
Briga era a deusa máis adorada na Galiza. Se ela fóra cristiá sería unha santa. Dela fican moitos nomes de eidos... e moitos máis santuarios hoxe trocados polos Santos cristiás : San Andres de Teixido ( herba para namorar ...) , San Benitiño de Serans ( curandeiro,... ) ,... centros aínda hoxe adicados a curar ...centos. * Brigantia hoxe a cidade da Crunia, a grande Briga. * Artobriga era -o urso de Briga- que a representaba. * Brigantes ou -os oficiais, os druidas de Briga-. * Ardobriga hoxe Ferrol, era -a gran deusa Briga-. * Nemetobriga ( hoxe Trives ) era -o santuario , a carballeira da deusa Briga-. * Dumbria ( non lonxe do Fisterra ) , -o castro(dun) de Briga-. * Brig-os -os fillos de Briga-, preto de Chantada. * Volobriga - o petouto de Briga- , hoxe O Bolo. * Lambriga ( -a man de Briga- ) , nas rivas do Leres.. * Brigantium (Briga-tan = o lume de Briga ) Betanzos. * Turobriga ( a pedrafita de Briga ) ( ¿Compostela? ) * Calobriga - a feita Briga - ( terra dos Guigurros celtas ) * ... E moitos, moitos mais ... Briga tiña moitos atributos, nengun exclusivo, era curandeira, patrona dos ferreiros e poetas ( os criadores daqueles tempos : ferro, espadas, ferramentas,... e poesia ) ... e sobor todo a deusa da fertilidade.
Os moitos símbolos fálicos que se achan na Galiza dende o simples menhires, as pedrafitas, moitos milleiros, hoxe moitos trocados en cruceiros, ate o que leva ca cruz cristia no outro lado, cada cabaceira galega... todos nos lembran hoxe do moito poder que a deusa Briga tiña sobor os Galegos... e ainda o ten ... mais non empregamos mais o nome de Briga ... o trocamos polos outros ... os santos e santas ... do monte ....
A festa dos maios, a festa de Bel
O deus Bel que o seu nome quere dicir, en goidélico, - brilante - é o deus da luz, do verán, do comezo do verán e a súa festa é en maio. A data é importante xa que é o comezo do verán cinco semanas celtas, de nove días, diante do solsticio do verán e cinco despois do equinocio da primaveira. Os druidas empregaban varios métodos para pensar exactamente cando era a data. Entre eles é o deitar da estrela Maio da constelación das Pleides, e dali o nome do mes e das bailas dos maios de Redondela, Pontevedra, Teis, ..., que 2500 anos máis tarde aínda se seguen facendo en honor de Bel, a festa do verán, das flores , ... hoxe trasladada á festa cristiá do Corpus, a festa da Coca, da Penla , ... . Na Galiza temos:
* Belga ( Bel-gad- = Bel-ga-da ) - o bo deus Bel- * Belante -os druidas de Bel- * Belmonte que nos lembra o monte sacro de Bel. * Belo -os fillos de Bel- * Belmil -o guerreiro de Bel-, ( e o evoluído, Bemil ) * Beloi - Bel o mozo - * Belinha -o pequeno Bel- * Beleiriz -o rei do eido de Bel- * ... E moitas lembranzas do deus galego Bel espalladas pola toponímia galega : Belade, Beldonha, Beleicom, Belesar, Belpelhos, Beledo, Beleseira, Belote, Belir, ... Na Eire o nome Bel-tane ( tan = lume ) é o nome da festa de Bel, era o tempo das fogueiras do comezo do ano, do verán. As fogueiras que purifican, hai que sáltalas, o lume sacro, o lume novo que os druidas galegos iluminaban e o sinal que propagábase, de Castro en Castro, para identificar o novo ano dos celtas. Tamén na Galiza, aínda hoxe nalguns eidos da Galiza faise o primeiro de Maio, como hai máis de dous mil anos, na festa de Bel : En San Orente o primeiro de Maio fanse lumieiras chamadas -as labaradas de Pampalhim- . En Roo, preto de Noia fanse as fogueiras a vispora do primeiro de Maio,...no Outeiro. En Ponte Cesures nestas datas percorrense os campos co lume na man. Dende a chegada dos Suevos a Galiza a tradición xermánica da festa do solsticio impuxose. Máis tarde baixo a influencia da Igrexa cristiá as fogueiras son na festa de San Xoan. Saltar o lume é unha especie de purificación para os Celtas, comezo do novo ano, polo lume sacro e as aguas con herbas preparadas na noite, o acio, de alí a cristianización sobor o nome do santo o baptista.
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
|