Galizacelta.com
     
Contidos Historia A celticidade dos Cantabros
A celticidade dos Cantabros PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Brath   

Foron moitos quen ao longo do presente século encargáronse de negar ou non demostrar a relación do celtismo en Cantabria, dende os poderes centrais, para quen Cantabria sempre foi a montaña, ata autores locais. Resulta abraiante e cómico que certos “investigadores” sen outros títulos ou coñecementos como non sexan os da ousadía e o desprestixio alleo pretendan a estas alturas (igual que sempre) por en tela de xuízo o celtismo cántabro.

Cando en 1945 o Dr. D. Xesús Carballo afirmou nas follas dun diario local a estreita relación de Cantabria cos outros pobos celtas da península Ibérica, só estaba esclarecendo extremos e defendendo as orixes e a cultura que a algúns, por enviada ou masoquismo, parecía ofenderlles. Algúns anos máis tarde (1979) o xenial profesor e doutor en Filoloxía Hispánica D. Luís C. López Portilla rescatou, tamén nun periódico local cántabro, os apuntes que facía máis de trinta anos o humilde sacerdote (que chegou a ser director do Museo de Prehistoria de Santander) un día publicou e que agora aquí presentamos como proba inequívoca do interese que fai máis de medio século espertaba en Cantabria o céltico. Como recordo a súa memoria reprodúcense baixo o título de "A Celticidade dos Cántabros" estas autorizadas opinións dadas a coñecer coa ocasión dos seus traballos en Juliobriga (castro moi preto de Fontibre e lugar do nacemento do Ebro).

Certos arqueólogos como Bosch Gimpera o Frankowski caeron no error de afirmar un suposto orixe ibero dos Cántabros por ter visto estelas celtas coas inscricións ibéricas. Nada proban os caracteres ibéricos respecto da orixe dos Cántabros. Conta Xulio César na súa obra "Comentarios a guerra das Galias", que os druídas, ou sexa, os sacerdotes celtas, tiñan súas doutrinas relixiosas escritas nos caracteres gregos de maneira que o pobo non puidexe lelas nin comprendelas ¿Por que facían iso? Sinxelamente porque non existía a escritura celta e tiñan que valerse forzosamente da escritura doutros pobos.

Aquí en Cantabria debeu ocorre-lo mesmo: os celtas-cántabros descoñeceres da escritura (o mesmo que os vascóns) terían que acudir forzosamente aos iberos e aos romanos para gravar súas lendas. Así explicase que as estelas de Clunia, sendo celtas, tiveran caracteres ibéricos e só empregaran caracteres latinos, cousa que non ocorrería se os Cántabros fosen iberos, pois continuarían coa súa escritura. Outra causa que induciu a este erro histórico é o supoñer que o termo “Cantabril” é ibera e refírese ao río Ebro (Iberis); en efecto, en Cantabria nace este río e nas súas marxes moraban eles. Pero atópome coa outra palabra que é “Artabri”, nome dunhas tribos celtas que ocuparon o territorio que hoxe é A Corunha y despois foron a vivir a Inglaterra (ver obra de Henri Hubert co seu mapa da expansión celta).

O que non podo admitir é que unha sexa celta e a outra ibera. Schulten di que é celta. Agora ben, estas dificultades resolveríanse de maneira sinxela supoñendo o que eu propuxen anteriormente, é dicir, que os Cántabros son celtas e dun parentesco próximo e da mesma invasión que os celtas da Galiza ( novas teorías demostran que foron os Celtas Galaicos os que foron expandíndose por Europa ). Dito queda, que tanto Schulten como Hubert aportan tal número de datos que non teño xa a menor dubida do celtismo cántabro, confirmado ademais polos actuais investigadores hispanos que máis adícanse a isto.

Xa noutro artigo demostrei que entre as rexións de Cantabria e Galicia existen sorprendentes identidades en nomes locais, de culto relixioso, de fortificacions, etcétera; no entanto, a distancia a que se atopan unha doutra induce a crer que entre elas debe de existir un parentesco ata o presente ignorado polos historiadores. Brigantia, antiga capital de Cantabria, e Brigantes, unha tribo celta da primitiva Coruña; varios castros Cántabros co nome Amaia, e Compostela ten próximo o val da Maia; en Liébana está Tudes, e Tudes é o primitivo nome de Tuy; aquí o val de Camargo ou Tamargo, e o castro celta dos tamáricos converteuse na actual Compostela; Cayón na Coruña, e o val de Cayón en Cantabria; en Clunia (de Cantabria), un templo dedicado a tres divindades galaicas. É de advertir que Coruña en galego é Cruña e sabido é que o pobo galego sempre tende a cambiar érrea en ele; así que Cruña e Clunia é o mesmo. Tanto é así que próximo á antiga Clunia está a actual Coruña del Conde. Próximo á antiga Brigantia (hoxe Retortillo) está Bolmir, nome galego, e un pouco máis aló de Reinosa atopo a Miña e en Fonte Miña (Lugo) nace o río Miño; máis ao norte de Reinosa vexo  "A Coba" palabra galega que significa "A Cova", e aproximándose ao río Saja encontro o Cueto dos Toxos, toxo é unha palabra clásica galega que significa árgoma; Porto de Sejos é igual que "sexo", en galego, que significa "canto rodado", que alí abundan.



 

O noso prezado membro Brath leva connosco dende o Luns, 14 Agosto 2006.

Amosar outros artigos deste autor