Galizacelta.com
     
Contidos Historia A importancia do estudo das institucións prerromanas
A importancia do estudo das institucións prerromanas PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Lughaid   

A importancia do estudo das institucións prerromanas rastrexables na documentación histórica

O problema ven de moi atrás, e débese a varias causas:

1- Barbarismo vs institucións prerromanas.

A meirande parte dos historiadores ate o 90, á hora de definir a realidade histórica prerromana, limitáronse a divulgar os textos clásicos de Estrabón, Plinio, Paulo Osorio, Etc. case literalmente e sen nengún aparato crítico, por exemplo no que a incursións de saqueo e modo de vida se refire. Tanto os textos, escritos por autores románs ou romanizados, coma a súa interpretación literal, crearon o prexuicio histórico dun primitivismo e un salvaxismo que diversos investigadores en toda a xeografía se van encargando pouco a pouco de ir desmentindo, a duras penas, xa que o dito prexuízo inda ten moito peso na comunidade universitaria. Por outro lado semella totalmente lóxico que as informacións dos clásicos teña unha considerable carga propagandística, sesgada e cando menos subxectiva, pero facendo en ocasións posible discernir o relato do feito que se relata cando acudimos ó auxilio de outros tipos de fontes, coma as epigráficas e en ocasións inclusive a etnoarqueoloxía alí onde esta disciplina se fai posible. Este é o traballo de algúns investigadores algúns dos cales mais adiante pasarei a comentar.
Unha boa lectura para botar por terra eses prexuizos podería ser o ensaio divulgativo de Javier Torres "A economía dos celtas [...]" editorial Toxosoutos.

2-Atribución allea de sistemas e modos institucionais:

É un problema moi intimamente ligado ó anterior, case sempre vencellado ós prexuizos anteriormente explicados,do que vou a poñer algúns dos exemplos máis destacados dos últimos tempos:

-atribuir as edificacións das pedras formosas dos castros a imitacións das saunas romanas, cando as datacións con C-14 mostran que son moi anteriores á romanización (S.IV a.C.)e o rastreo a traveso da epigrafía confirma a existencia de confradías guerreiras (grupos de idade) que as usarían para prácticas iniciáticas e que tamén serían os que practicaban as razzias que os clásicos califican de incursións de saqueo e bandoleirismo. Os estudos sobre estas edificacións débense en gran parte a Almagro Gorbea e os das confradías guerreiras a Blanca García Fernández-Albalat.

-Atribuir as características arquitectonicas das cabanas redondas dos castros a algo exclusivo da Galiza, cando se evidencian evolucionadas do bronce, feitas primitivamente de materiais perecedeiros(complexas en consecuencia de rastrear, o cal se fai hoxe en día localizando buracos de poste) e evolucionadas a parede de pedra na idade do ferro, e os mesmos tipos de cabanas por todo o arco atlántico (por exemplo o castro de Gloucestershire no sul de Inglaterra).

-Atribuir os campaniformes atopados no norde da península a unha tradición cerámica procedente do sul e diferente da dos outros lugares do arco atlántico. Con relación a isto, o arqueólogo Federico Maciñeira, que atopou campaniformes na zona de Ortegal-Bares, asegurou nos seus escritos que se dese o cambiazo de noite ás que están expostas nos museos de Cornualles polas que él atopou, ninguén se daría conta ó día seguinte.

-Atribuir os foros e as relacións feudais altomedievais a tradicións consuetudinarias xermánicas procedentes da invasión sueva ou do dereito romano, cando en realidade unha parte importante da diplomática altomedieval atende a realidades institucionais rastreables na epigrafía. (A existencia dos oenach ou asambleas descuberta por Blanca Fernandez).Tamén as propias fórmulas, paralelas ás aparecidas na epigrafía."Las fórmulas autóctonas, romanizadas, sin que podamos precisar ahora en que grado, habrían pervivido sufriendo transformaciones formales, no estructurales, hasta el siglo XV, y [...] [en algún caso] allende la Edad Media hasta el siglo XIX. Y tenemos en [la Tierra de] Trasancos [...] una buena muestra de ellas" (André Pena). As evidencias sobre institucións prerromanas de patronato e clientela están aparecendo últimamente de forma masiva.

-Atribuir as características da lírica medieval exclusivamente a influencias provenzais cando se pode observar fácilmente que a estructura formal é simple resultado de antigas técnicas para a memorización dos versos (paralelismo e leixaprén) e o único que demostra dita semellanza é que ambas proceden de tempos en que a memorización tiña un importante peso fronte á fixación escrita ou incluso esta última era inexistente. Paralelos formais atópanse na lírica gaélica máis arcáica (Canto de Amerghin, por exemplo).

 

O noso prezado membro Lughaid leva connosco dende o Sábado, 04 Outubro 2008.

Amosar outros artigos deste autor