Galizacelta.com
     
Contidos Historia Galiza, a terra dos Celtas
Galiza, a terra dos Celtas PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Solerf   

Galiza, a terra dos Celtas

Triskel

O nome da Galiza , como os nomes Galés, Galia, Galos, Galatia, Galates, Gaélico, Gaeles, Galego, Galaico ... teñen todos a raiz Gal- que o pobo romano empregaba para nomear a un pobo indoeuropeu da "Europa central", os Celtas. Os Celtas posuian várias linguas semellantes que eran unha variación dunha lingua comun o vello goidélico : o Gaélico os gaélicos - irlandeses e escoceses - , o Galaico os galegos, o Galés os galeses, o Galo os galos, ... Todos eses pobos tiñan a mesma relixión druida, a mesma cultura céltiga . Os gregos foron os primeiros en coñecer,  por diante dos romanos, o nomealos "keltoi" (agachados, lonxe, ...), palabra que latinizada deu orixe as palabras Celta e Céltigo. Da súa orixe etimolóxica o nome de Galegos , cos galegos levan, quere dicir "Celtas".


Nas primeiras referencias aos primeiros moradores históricos da Galiza feitas polos historiadores gregos xa falan dos Celtas : Herodoto , no 425 a.C., nas súas Historias, libro 2, di : 'Os Celtas fican máis alá das Columnas de  Briareo preto dos Cinetos ( no Algarve de hoxe, no sul de Portugal ) que moran ao máis Oeste de tódolos pobos da Europa' . Unha clara referencia a Galiza alén do Douro, ao norte, ao Finisterre Céltigo.

Estrabón no século I a.C. , na súa xeografia, xa fala na súa descrición da Galiza, das tribos Keltoi, dos Artabros, ... Hoxe atopanse na Galiza nomes da toponímia, eidos, ríos, rías, montes, ... que ainda levan, case na forma orixinal do goidélico Galaico, os nomes céltigos que os devanceiros dos galegos de hoxe lle deran. E seria posíbel, a partir deste milleiro de información moi ben conservada nos nomes galegos da Galiza, reconstruir un pouco da língua Galaica, como os franceses fixeran co Galo.

Eidos na Galiza co nome Céltigos hai vários, ... - preto de Ortigueira, ao Norte de Arzúa, ao Norte de Sarria , ... - , a forma latina que fica dos pobos keltoi - céltigos - da Galiza do tempo de Herodoto.

Mais do que quero falar é da orixe do nome -galegos- , da deusa-nai dos celtas goidélicos Cal-leach e do primeiro nome histórico Cal-leac-ia , da terra coñecida hoxe polo nome galego da Galiza.

En duas inscricións achadas en Sobreira, preto do Porto, aparece a versión latinizada do nome da deusa-nai, Calleac ( galeg ), como - Calaic-ia - . O que e unha confirmación do grande respeto que os celtas galegos tiñan para a deusa-nai dos Celtas e a moita importancia que esta deusa céltiga ten.

Hoxe a muller deusa , a trindade céltiga : Calec-a , Brig-a e Baad-e , respectivamente a deusa-nai, a deusa da fertilidade e a deusa da guerra, que como afirman os druidas é unha soa persoa, idea levada ao cristianismo polo galego Prisciliano, lembrada na Galiza polo culto importante, e sen igual noutro pobo coa excepción da Irlanda e da Bretaña, no culto a Virxe. Non hai un cacho de terra galega que non lembre a deusa-nai baixo a forma da Virxe.

A testemuña da relixión e dos deuses e deusas céltigas

Os pobos Celtas, ainda hoxe, son pobos que teñen un profundo sentimento relixioso, para quen as cousas naturais e sobrenaturais misturanse  de forma sinxela. Galiza, o pobo galego, fica hoxe como testemuña desta profunda relixiosidade dos Celtas , como tamén outros pobos céltigos Eire -Irlanda- e Breizh -Bretaña- , das que tamén poden dicir ca relixión dirixe toda a vida das persoas . Do tempo das orixes comúns dos Celtas na Europa central, tódolos pobos Celtas gardan uns deuses e deusas antigos e comúns , termos o mesmo panteón. Ainda hoxe atopase na tradición e na toponímia dos sete países Celtas, Eire, Galiza, Breizh, Kernow, Cymru, Mannin e Alba , nomes con referencias aos deuses comúns : Briga, Lugo, Baade, Bel, Lir, ....  son testemuña dos devanceiros comúns , dos Celtas.

As diferentes tribos dos pobos Celtas tiñan cada un os seus principais deuses.
* Na Coruña ( Brigantia ) a deusa Celta Briga, a deusa da fertilidade, ....
* En Lugo e no Norte-leste de Lugo na tribo dos Lugantes ( hoxe conservado sobor o nome latinizado dos Lugones ), o deus Celta Lugo, o deus da colleita, ....
* Na ría de Lires, ala preto do Promontorium Celticum, na Fisterra, onde se olla moi ben , ao solpor, deitarse o Sol no Atlântico, o deus Lir, o deus da mar, ...
* O deus Bel, en Pontevedra , e en Redondela cos Maios e as Penlas; Belante, Belmil, ...son vilas galegas que ainda hoxe testemuñan co seu nome goidélico celta, do deus da Luz, que fai medrar a semente ....
* O deus Cerne , o deus das fragas, dos animais e dos mortos , na zona de Cervantes, dos Ancares, ...
* Baade, a deusa da guerra, en moitos eidos da Galiza, Baa, Babe, Bade, ....
* A deusa-nai Cal-leach , que dou orixe ao nome Galegos, da que ha moitas vilas con ese nome na Galiza , ...

E moitos outros, toda testemuña da funda relixiosidade dos celtas e da relixión druida da Galiza.


 

O noso prezado membro Solerf leva connosco dende o Domingo, 23 Novembro 2008.

Amosar outros artigos deste autor