Endesa destrúe tres mámoas na necrópole megalítica do Grou dentro do seu Plano de "Ecoeficiéncia"
A empresa Endesa, dentro do seu Plan de Ecoeficiencia que inclúe a reforestación de máis de 700 hectáreas de terreo, vén de producir danos en tres mámoas emprazadas no lugar do Grou pertencente ao concello das Pontes de García Rodríguez, tal e como acaba de denunciar a Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes ante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.
Portugal rexeita a opción luso-galega e apoia a España coa dieta mediterránea
Ademais da indiferenza de Madrid, que preferiu presentarlle á lista da Unesco para o patrimonio inmaterial as iniciativas do sur peninsular, o goberno luso dálle tamén as costas ao proxecto de Ponte nas Ondas.
Ler máis...
Continuando co programa "Voluntariado en Ríos" do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, e dacordo cos datos recollidos no informe do ano pasado ADEGA-Proxecto Ríos apresentan o II CAMPAMENTO DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL que se adicará á eliminación da flora exótica invasora no río Tea. Será nas últimas tres fins de semana de outubro no albergue Alentea e os/as participantes terán cubertos os gastos de desprazamento, aloxamento e mantenza.
Un congreso en Cork estudará as relacións entre Eire e Galiza
Este mes de xaneiro un congreso organizado pola Universidade de Cork analizará as relacións culturais e sociais entre Irlanda e Galiza, e contará cunha nutrida representación de investigadores irlandeses e galegos. O prazo pró envío de comunicacións remata o 22 de novembro.